xoves, marzo 15, 2007

Denuncian as infraccións que se están a cometer no vial Balón-Vilasánchez polas madereiras

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 15 de marzo de 2007 14:49
Asunto: Denuncian as infraccións que se están a cometer no vial Balón-Vilasánchez polas madereiras


ESQUERDA UNIDA.IU quere denunciar as infraccións que se están a cometer no vial Balón-Vilasánchez polas madereiras.

ESQUERDA UNIDA quere denunciar a situación que se está a producir no vial que vai de Balón a Vilasánchez, onde as madereiras están a cortar incumprindo varias normas e producindo danos no propio vial e un trastorno e problemas na circulación, nunha práctica reiterada que levou a varios veciñ@s a quiexarse no propio concello e chamar á polícía municipal xa o día 13; cando de novo, hoxe, 15 de marzo vólvese a reproducir a situación denunciada.

Dende ESQUERDA UNIDA-IU queremos que a equipa de goberno tome medidas e garanta que non se repitan estes feitos. En primeiro lugar, nós albergamos dúbidas acerca de se teñen ou non permiso para efectuar os cortes. Dúbidas a despexar polo concello.

En segundo lugar nós demandamos unha acción decidida para evitar que camións de arredor dunhas corenta toneladas estean a facer a carga nun vial onde hai unha sinal que limita a tonelaxe a un máximo de 10. Sinal que non é arbitraria e que de non ser respectada está a producir danos no firme dun vial de aglomerado, noviño, ao ponto de aínda non ser recibido polo concello.

Terceiro: a normativa aínda en vigor prohíbe facer as cargas na propia estrada, hai que facelas fóra. Sinalar que o estado no que quedan as cunetas é lamentable, suxas e descoidadas polas empresas que fan a carga.

E cuarto, hai que evitar os atrancos na circulación que producen estas cargas feitas na ilegalidade.

E para rematar no catálogo dos feitos, sinalar que a reiteración desta práctica ten que ser cortada de raíz polo concello. Nós entendemos que hai que sancionar, proporcionadamente ao dano producido, ás madereiras que non cesen nestas prácticas. O concello está obrigado a velar pola legalidade, polo cumprimento da súa normativa, de non ser así teríamos dereito a afirmar a despreocupación da equipa de goberno cos propios bens públicos, caso do vial, da seguridade da circulación na zona ou da limpeza do lugar. En definitiva teríamos dereito acensurar a deixación deliberada do concello coas súas propias obrigas.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon