xoves, marzo 15, 2007

A mobilización do 22 de abril: comunicados de apoio

De: To G.C. -to@obradoiro.biz-, mareavermella@egrupos.net
Para: artabra21@gmail.com
Data: 15 de marzo de 2007 16:18
Asunto: [mareavermella] Adhesión


Nós apoiaremos e participaremos nesa mobilización do 22 de abril incondicionalmente.

Dito isto, dicir tamén que consideramos máis oportuno que a convocatoria sexa máis ampla, e que se poidan fundir neste acto o chamamento de Quilmas e o de Fusquenlla.

From: Xan Duro
Reply-To: redelitoralvivo@verdegaia.org
To: redelitoralvivo@verdegaia.org
Subject: [redelitoralvivo] Varios
Date: Wed, 14 Mar 2007 20:05:28 +0100

Ola a tod@s,

Como xa vos comentei a semana pasada, na xuntanza celebrada este sábado a Plataforma contra a Ampliación de Quilmas e os veciños/as afectados por unha nova Piscifactoría en Porto do Son decidiron facer unha manifestación en Compostela o domingo 22 de abril as 12:00. Ante a nosa suxestión de abrila a todos os colectivos afectados por actuacións no litoral decidiron que fora unha convocatoria más ampla.

Tamén chegou dende Fusquenlla un convite para unha gran mobilización (ver correo ao final)

Cómpre tomar unha decisión urxente sobre se apoiar e implicarnos nestas mobilización ou non polo que agardo os vosos comentarios.

Unha aperta
-----------------------------------------
Xan Duro
Coordenador Xeral de Verdegaia
www.verdegaia.org
www.bicis.info
www.redelitoralvivo.info
www.plataformaferrocarril.org

------------

Por unha gran mobilización (07-03-07)

O colectivo Fusquenlla de Pontedeume diríxese a todos cantos grupos ecoloxistas, colectivos cidadáns e persoas en xeral, que teñan como denominador común a sensibilidade pola defensa do territorio, para propoñerlles a formación dunha gran coordenadora galega.

A finalidade desta coordenadora sería estudar a posibilidade de organizar algunha forma de mobilización - que podería materializarse nunha gran concentración en Santiago de Compòstela - para amosar a nosa preocupación e repulsa pola degradación urbanística que estamos a sufrir en Galiza e cuxos síntomas máis evidentes son as agresións urbanísticas no litoral, a edificación masiva e descontrolada, o deterioro dos núcleos históricos das vilas, a destrucción do patrimonio arquitectónico, a perda dos sinais de identidade territorial, a desaparición dos espazos públicos, a ausencia dunha política social de vivendas e a promoción de proxectos especulativos e lesivos para o noso entorno.

Para comezar deberiamos celebrar nas próximas semanas unha reunión previa de tódolos colectivos, asociacións e plataformas interesadas coa finalidade de:

a) Estudar a posibilidade de impulsar esa mobilización.
b) preparar a convocatoria.
c) fixar as datas e atender a tódolos aspectos organizativos.

Esta reunión previa poderiase celebrar en Santiago, a ser posíbel nos primeiros días de abril.

Cremos que se dan as condicións para poder afrontar esta mobilización pola elevada sensibilidade social que existe hoxe en día.

Asemesmo, e dado o elevado número de organizacións involucradas, pedímosvos que trasladedes esta invitación a cantas asociacións vecinais, grupos ecologistas e entidades do voso entorno poidan estar interesadas. Xa creamos unha lista de correo para poder contactar entre todos os participantes.

Comunícate con FUSQUENLLA enviándonos un correo ao noso enderezo


--


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon