mércores, marzo 28, 2007

Moción conxunta dos grupos da oposición pola paralización das obras da Praza da Porta Nova

De: asociacion veciñal -avvorosario@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 28 de marzo de 2007 19:58
Asunto: MOCION PRAZA DE PORTA NOVA - PRAZA DE ESPAÑA


Enviovos a MOCION presentada polos grupos da Oposición Esquerda-Unida, PSOE, BNG, petición de PARALIZACION DE OBRAS DO EDIFICIO DA PRAZA DE PORTA -NOVA , PRAZA DE ESPAÑA...

Saúdos

mel sanxoán

--
ASOCIACIÓN VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog da asociación: ferrolnovo.blogspot.com



AO ILMO. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE FERROL

Os Grupos municipais de ESQUERDA UNIDA-IU, PSdG-PSOE e BLOQUE NACIONALISTA GALEGO ante V.I. comparecen presentan a seguinte moción ao Pleno da Corporación municipal do Concello de Ferrol con base nos seguintes

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A Dirección Xeral de Urbanismo mediante resolución asinada polo Director Xeral de Urbanismo, de data 23 de Febreiro de 2.007 require ó Concello de Ferrol para que proceda á revisión de oficio dos acordos adoptados polo Pleno do Concello de Ferrol en sesión celebrada o 24 de Novembro de 2.004, para o cambio de usos dos terreos no ámbito da Praza de España e en sesión celebrada o 16 de Marzo de 2.005, polo que se aprobou definitivamente o “Proxecto para a urbanización da Praza de España e construcción dun vial subterráneo entre a Avda do Rei e a Avda de Vigo financiado mediante a concesión de dominio público” polo procedemento previsto no art. 102 da Lei 30/1192 de 28 de Novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común” por ser nulos de Pleno Dereito.

O revisión de oficio dos acordos plenarios requiren o informe previo do Consello Consultivo de Galicia, informe que na súa tramitación pode ter un prazo estimado de dous meses, polo que, obviamente urxe iniciar os trámites necesarios para proceder á revisión de oficio dos acordos plenarios de data 24 de Novembro de 2.004, 21 de Xaneiro de 2.005 e 16 de Marzo de 2.006.

Un mes despois de ditada a Resolución por parte da Dirección Xeral de Urbanismo, o Concello de Ferrol non deu ningún paso para cumprir co Resolución ditada o 23 de Febreiro de 2.007, é máis, o ritmo das obras incrementouse seguindo as ordes ditadas polo Concello de Ferrol.

Perante a neglixencia do Grupo de goberno do Concello de Ferrol os

Grupos asinantes entendemos que a nosa moción gaña razóns e urxencia co requirimento da Dirección Xeral de Urbanismo, que con data de 23 de febreiro require a revisión de oficio dos acordos municipais adoptados polo Pleno do Concello de Ferrol na sesión de 24 de novembro de 2004 e de suspensión dos efectos do acordo do devandito Pleno; cómpre non esgotar o prazo de tres meses contemplado na lei e atender ao pronunciamento autonómico para non incorrer nunha flagrante ilegalidade. Dacordo co cal, proponse ao Pleno da Corporación que adopte os seguintes:

ACORDOS

A inclusión no próximo Pleno Ordinario do Concello de Ferrol dos seguintes puntos na Orde do Día:

1. Inicio do Procedemento Administrativo de revisión de oficio do acordo plenario de 24 de Novembro de 2.004 polo que se acordou o cambio de usos da Praza de España e do acordo plenario de 16 de Marzo de 2.006 polo que se aproba definitivamente o “Proxecto para a urbanización da Praza de España e construcción dun vial subterráneo entre a Avda do Rei e a Avda de Vigo financiado mediante a concesión de dominio público coa seguinte

Proposta de Resolución: Que se declaren nulos de Pleno Dereito o acordo Plenario de data 24 de Novembro de 2.004 polo que se acordou o cambio de usos da Praza de España e do acordo plenario de 16 de Marzo de 2.006 polo que se aproba definitivamente o “Proxecto para a urbanización da Praza de España e construcción dun vial subterráneo entre a Avda do Rei e a Avda de Vigo financiado mediante a concesión de dominio público en base ós seguintes

Fundamentos de Dereito:

  • a. Os terreos de referencia están clasificados polo vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ferrol aprobado definitivamente o 28 de Decembro de 2.000 como solo urbano, sistema Xeral Viario
  • b. O sistema Xeral viario é unha denominación xeral do planeamento cuxa alteración debe suxeitarse, dacordo co disposto polo artigo 93.3 e 4 da Lei 9/2002, o procedemento previsto, para a tramitación e a aprobación do planeamento, tal e como se evidencia coa tramitación polo concello da modificación puntual que ten por obxecto recualificar o solo de sistema xeral viario previsto no Plan Xeral de Ordenación municipal, propoñéndose a súa cualificación como sistema xeral de espazos libres e zonas verdes nunha parte e sistema xeral de equipamento comunitario noutra.
  • c. O acordo do Pleno do Concello de Ferrol de data 24 de Novembro de 2.004, para cambio de usos no ámbito da Praza de España, foi adoptado prescindindo total e absolutamente do procedemento previsto polo artigo 93 da Lei 9/2002, para a modificación do planeamento, polo que incorre en causa de nulidade de Pleno Dereito do artigo 62.1.e) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común.
  • d. A modificación do sistema xeral viario, en ningún caso pode ampararse no procedemento do artigo 47.4 da Lei 9/2002 de 30 de Novembro de Ordenación Urbanística e protección do medio rural, que soamente está previsto para o cambio de uso daqueles terreos que o planeamento urbanístico reserve para equipamento públicos, e non aqueles que forman parte do sistema xeral viario como é o caso
  • e. O acordo do Pleno do Concello de Ferrol de data 16 de Marzo de 2.005, de aprobación do proxecto de urbanización da Praza de España, e as obras consistentes na construcción dun edificio de dúas plantas de soto e cinco plantas e dous locais,están a vulnerar a normativa que resulta de aplicación, artigo 115 do vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal, que establece as condicións xerais da rede urbana do sistema xeral viario, dispoñendo no seu apartado c): no subsolo das vías urbanas poderanse implantar aparcamentos subterráneos públicos nas condicións previstas nestas normas, sen prexudica-la funcionalidade rodada e os usos públicos en superficie preservando o carácter de dominio público de solo e subsolo.. De acordo co establecido no Art. 213.2 da Lei 9/2002 de 30 de Decembro de Ordenación Urbanística e protección do medio rural, as licenzas ou ordes de execución que se outorguen con infracción da zonificación ou uso urbanístico das zonas verdes, espazos libres, dotacións ou equipamentos públicos previstos no planeamento serán nulas de pleno dereito. En consecuencia, o acordo de aprobación do proxecto de urbanización incorre en causa de nulidade de Pleno dereito do artigo 62.1.g) da Lei 30/1992 de 26 de Novembro, que establece que son nulos de Pleno Dereito os actos das administracións cando así se estableza expresamente nunha disposición de rango legal.
  • f. O acordo de data 16 de Marzo de 2.005 , é nulo de Pleno, porque trae causa do acordo adoptado polo Pleno do Concello de Ferrol en data 24 de novembro de 2.004, incurso en causa de nulidade de pleno dereito, artigo 62.1.e) da Lei 30/199 de 26 de Novembro, por ter sido ditado prescindindo total e absolutamente do procedemento legalmente establecido.
  • g. Conforme ó disposto polo artigo 212.2 da vixente Lei 9/2002 do 30 de Decembro, procede a revisión de oficio dos acordos municipais referenciados, polo procedemento previsto no artigo 102 da Lei 30/1992 de 26 de Novembro do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por incorrer en causa de nulidade de pleno dereito do artigo 62.1.e) e 62.1.g) da Lei 30/1992
2.- Solicitar informe ó Consello Consultivo de Galicia respecto á nulidade dos acordos adoptados nos Plenos do Concello de Ferrol de datas 24 de Novembro de 2.004 e 16 de Marzo de 2.006

3.- Proceder de xeito inmediato á paralización das obras de construcción dun edificio de 21 metros de altura na Praza de España.

Polo Grupo de EU-IU
Polo Grupo do BNG
Polo Grupo do PSdG-PSOE


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon