venres, marzo 30, 2007

Pleno movido onte en Ferrol

Tags

Onte, 29 de marzo tivo lugar o Pleno Municipal ordinario do último xoves de mes, e so quedan tres até as vindeiras eleicións municipais do 27 de maio, mais os asuntos pendentes, e de grande polémica, seguen sobre a mesa do goberno municipal. A veciñanza organizada manten o seu pulso co goberno do PP-IF, en proxectos municipais de tinte especulativo, clientelar ou simplemente de nefasta xestión. Ao Pleno de onte acudiron representantes de diversos colectivos veciñais organizados na defensa dos seus intereses [Os Corrais-Serantes, Mandia, Menáncaro, Sartaña, ... ]. Até había un grupo dos hooligans da extrema dereita que van a apoiar a Vilariño e abucharar a Xaime Bello, mais desta vez quedaron caladiños, será por iso da proximidade da Santa Semana que nos invadirá nos próximos días cos seus Kukusclan. O Comité de Emerxencia para a Defensa da Ría de Ferrol, tiña presentada unha moción que ao final non foi aceptada pola Alcaldia para que se tratara no Pleno; os Convocantes na defensa dos espazos públicos e encontra das actuacións municipais na Praza de Porta Nova tiñan solicitado falar no Pleno e promoveron unha moción para que defenderan os tres grupos da oposición para instar ao goberno municipal para que paralizara as obras da Praza, moción que xa non se pudo tratar pois foi rexeitado o seu tratamento no Pleno por non considerala de urxencia; o BNG presentou unha moción sobre o traslado do proxecto "Centro de Ocio, ... Sartaña", non exenta de polémica, que foi rexeitada por 13 contra 12 votos; o Plano de Acción da Axenda Local 21 foi levado ao Pleno por un goberno municipal que o incumpre nos feitos e nas propostas, sen importarlles as súas incoerencias, mais para os que defenden a Fraga de Menáncaro e as outras poucas zonas de bosque autóctono que queda no Concello e um desenvolvemento sostíbel, é todo un éxito a súa aprobación, ao menos no seu espiritu de boas intencións, ... o Pleno foi suspendido sine die polo Alcalde, logo de suspendelo temporalmente por dúas veces e intentar sen éxito que varios representantes veciñais foran expulsados do Pleno.

Fotos tiradas do Diario de Ferrol, Autor: J. Meis
[Para ampliar clicar acima da imaxen]


Achegamos enlaces coa noticia segundo alguns medios informativos que estiveron presentes no Pleno:

Diario de Ferrol

Voz de Galicia -I-


Voz de Galicia -II-

La Opinión de A Coruña
________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon