Mensaxens de Carmucha Otero e Manuel Domínguez do Colectivo Fusquenlla informando da reunión do pasado Sábado en Compostela, onde participou a Rede Litoral Vivo e outros grupos, para a convocatoria dunha mobilización nacional en repulsa pola degradación do territorio, contra a impunidade de empresarios e rexidores municipais, contra un urbanismo desordenado e agresor ao medio, reafirmamonos nun desenvovemento sostíbel e que un outro urbanismo é posíbel.
_____________
De: CARMUCHAOTERO@telefonica.net - CARMUCHAOTERO@telefonica.net-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 31-mar-2007 21:08
Asunto: mobilización en Santiago
Ola, vos resumo o que se decidíui hoxe na reunión de Santiago á que acudiron membros da Rede Litoral vivo e outros grupos. Farase un comunicado ós medios de comunicación o día 22 de Abril, día da Terra, en Santiago, onde se lerá un Manifesto( hai que redactalo) coas nosas reivindicacións e se informará da data da Manifestacón, que terá lugar o día 6 de Maio, antes das eleccións municipais. Se nomeou unha Xunta coordinadora que traballará na organización do evento. Supoñemos que os membros da Plataforma estarán dacordo, ; como o tempo apremia, conviría non esoerar á próxima reunión para darlle publicidade na páxina da Plataforma. Mentres, os diversos grupos poden debater o tema e mandar a súa opinión á páxina da Rede, para ir sabendo con qué forzas se pode contar. Hai que darlle cañae publicidade nos medios ó noso alcance.: prensa, televisión, boca a boca, o que se vos ocorra. E moi importante que non sexa un fracaso. Unha aperta.
_________________
De: manuel dominguez -manudominguez@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 01-abr-2007 20:31
Asunto: resumo xuntanza
---------- Mensaxe reenviado ----------
From: Fusquenlla -fusquenlla@sospontedeume.com-
To: destinatarios-no-revelados:;
Date: Sun, 01 Apr 2007 17:54:50 +0200
Subject: resumo xuntanza
Resumo o acordado na xuntanza de Santiago
A práctica totalidade de organizacións ecoloxistas galegas decidimos convocar unha manifestación o día 6 de maio en Santiago de Compostela.
Despois dunha xuntanza celebrada nesta mesma cidade, os grupos participantes acordamos por unanimidade - dous destes colectivos deben someter ás súas asembleas esta decisión - chamar á cidadanía a unha manifestación que sirva para amosar a nosa repulsa pola degradación do territorio, un feito que ameaza á propia identidade de Galiza. Outros grupos que escusaron a súa asistencia, amosaron o seu apoio ás decisións tomadas. Coincidíuse na necesidade de celebrar este acto reivindicativo e de denuncia dada o estado de deterioración na se atopa o territorio galego, tanto o litoral como o interior. Se o primeiro está ameazado pola construción e as piscifactorias, non o está menos o interior, que sufre a espoliación do Courel e da Terra Cha. Sen esquecer a deterioración dos cascos históricos, a destrución do patrimonio
arquitectónico, a desaparición dos espazos públicos e zonas verdes, e a edificación masiva que aporta especulación e depredación da paisaxe.
Existe unha grande sensibilidade social sobre as consecuencias irreversibeis que acarrea o descontrol das actuacións urbanísticas e a impunidade dos empresarios e alcaldes que os apoian. Temos agora a posibilidade de poñer freo á cementación de Galiza, de salvagardar o noso patrimonio natural, que é o mesmo que dicir o noso futuro.
Polo visto tamén hai unha convocatoria a nivel estatal para protestar o día 5 de maio polo urbanismo actual. Isto resalta aínda máis a importancia da nosa convocatoria.
Entre os asistentes estabamos:
Plataforma veciñal contra a piscifactoria de Baroña
Plataforma Quilmas
Amigos da Terra
Verdegaia
Fusquenlla
Salvemos Monteferro
Luita Verde
Ortigueira Sostible
Greenpeace
Foro Social de Cangas
Comisiao reunificasao GZ-Portugal
Plataforma Ártabra 21
Sociedade Galega de Historia Natural
A Federación ecoloxista galega escusou a súa asistencia por mor da asemblea que estaban a celebrar, pero amosou o seu apoio (perdón se me queda algún no tinteiro)
Pregámosvos deades a maior publicidade a este acordo e agardamos a vosa adhesión a fin de acadar unha resposta o máis ampla posíbel.
Formouse un comité para preparar a organización: mediso, prensa, apoios, etc. que realizará reunións cando sexa preciso.
O Día da Terra haberá unha presentación oficial ante os medisos de comunicación para informar dos pormenores e convocantes da marcha.
Podedes comunicarvos con Xan Duro -xanduro@usc.es- para calquera
información que precisedes.
Recibide un cordial saúdo.
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Mobilizacións
Rede Litoral Vivo
Urbanismo
Acordada a mobilización en Compostela para o domingo 6 de maio
domingo, abril 01, 2007
Acordada a mobilización en Compostela para o domingo 6 de maio
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan domingo, abril 01, 2007
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon