martes, abril 24, 2007

De: Salvemos Monteferro -salvemosmonteferro@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 24 de Abril de 2007 16:10
Asunto: Greenpeace e o manifesto

Sobre o manifesto e lema da mobilización do 6 de maio de 2007


A TODOS OS COLECTIVOS

Recibida a mensaxe de Greenpeace sobre o manifesto (que podedes ler debaixo desta) e tras falar telefónicamente cos compañeiros/as que puiden atopar, e dada a urxencia que corre este tema, decidimos facer as dúas rectificacións seguintes, que non varían en nada o sentido nin o significado do documento.

A máis importante corresponde ó segundo parágrafo do texto que quedaría así:

Ate o de agora, os poderes autonómicos e municipais uníronse aos capitalistas especulativos nunha sorte de caricatura de Capital Monopolista de Estado. unidos os intereses dos especuladores cos intereses da administración autonómica e municipal indisolubelmente, lanzouse unha carreira en persecución do lucro inmediato cuxa meta parece ser a destrución dos valores (que o son tamén económicos) da nosa paisaxe e da nosa herdanza natural, así en terra como en mar.

Enténdase que se elimina o sinalado en color. Como veredes o sentido do texto non varía.

Tamén pedían rectificar o termo "suicidio colectivo". Persoalmente, entendo moito mellor que Greenpeace solicite a rectificación anterior que esta. Trátase dunha maneira de expresarse, que pode resultar dura, pero (desgraciadamente) non está moi lonxe da realidade planetaria que nos toca vivir. Pero como tampouco é fundamental decidimos deixalo así:

Pensamos que a situación actual esixe un golpe de leme para mudar este rumo que nos conduce á catástrofe suicidio colectivo no que ao medio ambiente se refire. E esa mudanza, de natureza política, debe ter en conta os intereses da maioría da poboación que desexa un País ordenado, racionalizado e próspero. O tempo da permisividade unida á corrupción nos concellos e na Xunta ten que rematar e todos e todas temos que acelerar ese final.

Se ben algúns "persoeiros" amosaron xa o seu apoio ó manifesto co texto anterior, estamos seguros de que estas modificacións non lles van facer variar ese criterio.

Achegamos o manifesto xa modificado.

Permitídeme agora responder brevemente á mensaxe do noso querido Pakinho.

Seguramente, os catro grupos que estamos a levar (por decisión da asemblea) o peso da organización desta mobilización, teñamos cometido varios errores, pero nunca malintencionados.

A falta de experiencia unida á dificultade de artellar unha acción común de trinta e tantos colectivos espallados por toda Galicia, fai difícil que estes fallos non se produzan.

Por outra banda, a un texto como este que non debe sobrepasar un folio, non imos pedirlle que sexa un testamento, ou a biblia, e moito menos que recolla o "estilo" de todos os convocantes.

Por iso eu vos pediría a todos e todas un pouco de comprensión e outro pouco de cintura, de elasticidade.

Máis importante agora é preparar o comunicado que se lerá na Quintana ó remate da manifestación. Xa estamos traballando nun borrador para que, a partir del, fagades as vosas aportacións "tachaduras" e suxestións.

E non menos importante que iso é empapelar toda Galicia cos carteis anunciadores da mani, e animar ós amig@s soci@s e simpatizantes dos vosos colectivos para que estean o día 6 en Compostela.

Perdoade pois os nosos erros e recibide unha forta aperta.

Xosé Reigosa

_______________


From: Pakinho -pakinnho@gmail.com-
To: "Xan Duro" -xanduro@usc.es-
Subject: Re: Recapitulando información sobre a convocatoria do 6 de maio
Date: Tue, 24 Apr 2007 12:14:42 +0200


Ola a tod@s

Deciros que dende Greenpeace non estamos moi de acordo de como se están a levar as cousas porque pensamos que teríamos que ter consensuado doutro xeito o de lema, pero sobre todo o tema do manifiesto.

Con respecto o do lema, nos preferiamos outro, ainda que se foi o máis votado pois vale. De tódolos xeitos, non sei se se perdería algún e-mail polo camiño, logo de que o primeiro que nos chegou dando por rematado o tema foi un do cando este colectivo non estaba no comité organizador.

O do manifiesto pensamos que é máis grave, xa que tiñamos que telo consensuado entre todos antes de dalo por rematado (sempre pode haber algo que algún colectivo quere que apareza e, sobre todo, algo que non pode suscribir se aparece).

En archivo adxunto os remito o manifiesto subliñando en cor bermello o que nos pensamos que non debe figurar nel. Xusto debaixo destas liñas, tedes a contestación que me deu a nosa responsable da campaña de costas.
Esperamos a vosa contestación para poder tomar unha decisión. A noso vontade é conciliadora, pero tedes que entender que se formamos parte de todo isto tamén queremos que se teña en conta a nosa opinión, que non foi antes consultada.

Apertas,

Paco González
Coordinador do grupo local de Greenpeace na Coruña.

Hola Pakinho,
bueno, el comienzo del manifiesto es muy fuerte, tanto que si no lo cambian creo que no deberíamos suscribirlo, te mando señalado en rojo las dos cosas que me parecen que no van con nuestra forma de expresar mensajes. Entiendo que los redactores se expresen así, pero, sinceramente, hablar de suicido colectivo me parece que no es usar los términos más adecuados.
No sé si hay tiempo para cambiarlo, ya me dirás.
un abrazo,
mariajo
____________
Manifesto 6 de maio

"A situación do territorio galego é catastrófica. Por unha banda, o factor agrícola e gandeiro desaparece literalmente da superficie do País e, pola outra, un urbanismo disparatado, unha forestación masiva e mercantilista e unha predación sen taxa nin medida dos xacementos xeolóxicos está a mudar o rostro de Galicia para mal e ao servizo só duns poucos.

Ate o de agora, unidos os intereses dos especuladores cos intereses da administración autonómica e municipal indisolubelmente, lanzouse unha carreira en persecución do lucro inmediato cuxa meta parece ser a destrución dos valores (que o son tamén económicos) da nosa paisaxe e da nosa herdanza natural, así en terra como en mar.

Pensamos que a situación actual esixe un golpe de leme para mudar este rumo que nos conduce á catástrofe no que ao medio ambiente se refire. E esa mudanza, de natureza política, debe ter en conta os intereses da maioría da poboación que desexa un País ordenado, racionalizado e próspero. O tempo da permisividade unida á corrupción nos concellos e na Xunta ten que rematar e todos e todas temos que acelerar ese final.

Pensamos que a actual Xunta de Galicia e os concellos que saian das vindeiras eleccións deberán coordinar os seus esforzos. E non só iso: a lexislación deberá modificarse e os poderes centrais de Galicia están chamados a elaborar un PLAN DIRECTOR DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO, naturalmente discutido e consensuado polas organizacións sociais e núcleos de opinión. Esta participación das multitudes na elaboración de tal Plan Director constituirá a garantía de que sexa plenamente democrático. Ora ben, sen planificación central e democrática da ordenación territorial o caos perpetuaríase.

Desde A Guarda a Ribadeo, desde O Caurel á Terra Cha, un terremoto de especulación e depredación da terra e do mar está destruíndo a nosa natureza, a nosa paisaxe e a nosa forma de vida. Está destruíndo, polo tanto, a propia identidade de Galicia. Soou a hora de que digamos: ABONDA!

A mobilización do 6 de maio en Compostela ten que significar unha grande xornada de esperanza e unha chamada á Xunta de Galicia e as administracións locais para que exerzan realmente o poder de que dispoñen para frear esta vaga de degradación e dilapidación do noso patrimonio sen se deixar intimidar polas forzas poderosas do diñeiro e da cobiza."
______

______________________________

Pakinho -pakinnho@gmail.com-
24 de Abril de 2007 21:01

Ola a tod@s.-

Ante todo quixera aclarar que non foi a miña intención a de "correxir" a ninguén, e nunca foi a miña intención a de facer critica dos vosos supostos erros, que se o foron (a cousa máis normal do mundo coma nos pasa a todos) por suposto que nunca pensei que foran mal intencionados; simplemente sorprendíunos que o manifiesto non nos fora dado a leer antes de mandalo coma definitivo, sobre todo despois de semellarse tan pouco aos primeiros borradores que mandachedes (cos que estaba bastante de acordo) e sobre os que fixen varias suxestións, cousa que por outro lado si se vai facer co comunicado que se vai ler o remate da manifestación.

Con isto quero decir que aínda que por decisión da asamblea sexan so catro as organizacións que voluntariamente se ofreceron a levar o peso da movilización sempre hai que ter en conta o resto das organizacións que apoian, organizacións, que coma é o noso caso, requiren a aprobación, non só miña senon tamén doutras persoas.

Somos conscentes de que o traballo que estades a facer e enorme e tentamos ser o máis comprensivos posibel, pero tamén entendede que a última palabra debería ser consensuada entre tódalas organizacións.

Tamén imos de ser todos conscentes de que a comunicación por e-mail pode dar lugar a malas interpretacións, así que imos pensar de entrada sempre positivamente.

Un aperta.

Pakinho


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon