xoves, abril 12, 2007

Denuncian que a urbanización da fraga de Menáncaro hipoteca o futuro dun posible parque ambiental entre Mandiá e A Malata

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de Abril de 2007 14:39
Asunto: Denuncian que a urbanización da fraga de Menáncaro hipoteca o futuro dun posible parque ambiental entre Mandiá e A Malata


ESQUERDA UNIDA-IU denuncia que a urbanización da fraga de Menáncaro hipoteca o futuro dun posible parque ambiental entre Mandiá e A Malata

ESQUERDA UNIDA-IU quere denunciar que as intencións que o goberno municipal ten de edificar na fraga de Menáncaro comprometería tamén gravísimamente o futuro dun posible parque fluvial para a nosa cidade, parque que discurriría entre Mandiá e A Malata.

O goberno municipal facendo oídos xordos a reiterados informes desfavorables da Xunta de Galicia, obstínase en levar adiante este gravísimo ataque a un espazo único para a nosa bisbarra. Só intereses espúrios poden explicar a teimosía coa que se quere agredir o patrimonio natural de tod@s nós.

Os verquidos que provocaría a urbanización de Menáncaro, o impacto dos movementos de terra previstos e a impermeabilización do solo pola urbanización provocarían un gravísimo impacto ambiental e paisaxístico en Menáncaro, e o agravamanto dos problemas de inundacións en Serantes.

A nosa organización quere denunciar tamén que o plan de sectorización de Menáncaro suporía hipotecar un futuro parque ambiental, que nós poría na liña doutras cidades, caso de Santiago de Compostela, co parque ambiental do Sarela, ou de Vitoria, e o seu cinto verde.

ESQUERDA UNIDA-IU, nas antípodas do que defende este goberno municipal para Menáncaro, propón a creación do parque fluvial do Rego de Aneiros-Río da Sardiña, atopándonos co realce do espazo fluvial máis importante do noso Concello.

O devandito parque permitiría recuperar a continuidade ambiental do río, hoxe ameazada por diversas actuacións infrestruturais e urbanizadoras. O espazo recuperado esta moi preto da cidade o que facilitaría o seu disfrute pola cidadanía, formando un conxunto co paseo marítimo e as instalacións deportivas e de ocio de A Malata.

Esta intervención permitiría ademáis a diversificación da base economica dos espazos rurais do municipio, introducindo usos relacionados co ocio e o turismo, ao tempo que melloraria a calidade de vida das xentes de Mandiá e Serantes e integraría dun xeito natural (e non conflictivo, como acontece cas urbanizacións de chalés) os mundos rurais e urbano.

Este parque parte da Estratexia Territorial Europea, aprobada pola Comisión Europea a finais dos anos 90 do pasado século, e que aínda non se aplica en Ferrol a día de hoxe, empeñados como están os nosos gobernantes en facilitar calquera negocio inmobiliario aínda a costa de estragar todo o noso patrimonio natural.

Este parque conectaría e abranguiría os seguintes elementos naturais e patrimoniais : o humidal de A Malata, a formación senlleira da Fraga de Menáncaro, as fontes do Rego de Aneiros en Mandiá, a Casa Muiño da Ponte Souto, o Pazo de Mandiá, os Castros de Mandiá e Vilela, o Lavadoiro de Bustelo, entre outras pezas valiosas, caso de muíños, pontellas e fontes.

ESQUERDA UNIDA-IU propón, de entrada, unha batería de accións encamiñadas á recuperación deste espazo, que non pode caer nas poutas da economía espúrea do ladrillo:

  • Paralización da operación inmobiliaria en Menáncaro.

  • Ampliación do esteiro do río na súa desembocadura na ensenada de A Malata, coa construcción dunha ponte no paseo de A Malata, que salve completamente o esteiro do río da Sardiña.

  • Restauración ambiental das fontes do Rego de Aneiros en Mandiá, alteradas de xeito gravísimo coa construcción do acceso ao porto exterior.

  • Recuperación do tránsito peonil a traverso do clube de Campo, agora pechado ilegalmente.

  • Restauración, acceso e posta en valor dos elementos patrimoniais máis importantes.

Creación dunha senda peonil, alonxada dos espazos máis fráxiles ambientalmente, que garanta o disfrute de tódolos elementos de interese deste espazo fluvial sen por iso alterar a súa calidade ambiental.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon