xoves, abril 12, 2007

Van a seguir loitando para que o espazo da Praza de España sexa público e non teña edificio algún

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de Abril de 2007 19:03
Asunto: Van a seguir loitando para que o espazo da Praza de España sexa público e non teña edificio algún


ESQUERDA UNIDA-IU vai a seguir loitando para que o espazo da Praza de España sexa público e non teña edificio algún


ESQUERDA UNIDA-IU acaba de ter coñecemento de que a Xunta de Galicia ven de aprobar a modificación do Plan Xeral, nunha decisión que facilita ao goberno municipal avanzar nos seus planes de privatizar ao espazo da Praza de España mediante a construcción dun edificio.

A Xunta aínda mantendo a nulidade dos acordos plenarios, abre unha fiestra ao ladrillo dos interesese conómicos privados, pois facilita que o goberno da dereita en Ferrol acorde nun novo Pleno a construcción na Praza de España. Mais hoxendía segue a ser ilegal o que o goberno municipal está afacer na Prza de España.

ESQUERDA UNIDA-IU quere facer constar que se revelan certeiras as críticas que fixemos a un prazo tan longo para deter as obras como foron os tres meses, que permítelle agora a dereita ferrolán legalizar esta privatización do espazo público da Praza de España. A resolución da Xunta sobre a legalidade das obras amósase como un papel mollado, habida conta que habilita ao Concello para legalizar o edificio e “aquí no ha pasado nada”.

Bástaríalles con convocar un novo pleno, anular os acordos anteriores, referidos a concesión administrativa e autorización de obrar a Abeconsa, e volver a acordar exactamente o mesmo, para logo proseguir cas obras. A Xunta con este acordo desvirtúa absolutamente o espíritu da LOUGA ao facer unha lectura tolerante e superflexible da mesma.

O aceptar a Xunta o cambio de uso, permite que baixo a noción de servizo urbano pódase colar unha utilización privatizadora da Praza de España. E dado que o PXOM vixente admite que se poida entregar unha concesión para estos servizos urbanos, atopamonos seguro diante da construcción dun centro comercial.

A nosa organización lembra a cidadanía en xeral, e ao pequeño comercio en particular, cal e a sorte desgraciada que lle resta a éste cando chegan as grandes superficies; só hai que botar contas: nos anos noventa do pasado século por cada centro comercial que abriu no país pecharon case 200 establecementos de pequeno comercio. Xa o dicía Saramago na Caverna.

Sinalar tamén que a resolución feita pública pola Xunta de Galicia tamén imposibilita a chapuza urbanística que este Goberno Municipal pretendía perpetrar co convenio de defensa, consistente en relacionar o exceso de edificabilidade do Cuartelillo de Marinería cunha cesión inexistente na praza de España (inexistente por canto antes da modificación puntual hai a mesma cantidade de solo público que despois da modificación, cambiando tan só os usos previsto para este solo público)

ESQUERDA UNIDA-IU vai seguir a traballar coa meirande parte do movemento asociativo e veciñal ferrolán para preservar o espazo da Praza de España como un ámbito público libre de edificacións e que sirva ao noso propósito de reconstruir unha cidade relacional ao servizo da mellora da calidade de vida cidadá.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon