De: Verdegaia en Ferrol, Eume e Ortegal -ferrol@verdegaia.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 14 de Abril de 2007 17:01
Asunto: ROTEIRO POR CARNOTA CONVOCADO POLOS AFECTADOS DA PISCIFACTORÍA DE QUILMAS
Pregamos difusión
ROTEIRO POR CARNOTA CONVOCADO POLOS AFECTADOS DA PISCIFACTORÍA DE QUILMAS
Verdegaia quere apoiar o roteiro reenvidicativo organizado polos afectados da piscifactoría de quilmas (Carnota) que terá lugar o domingo 22 de abril, por iso fletará un bus, que sairá ás 8.00h da escalinata de correos en Ferrol, parará en Santiago a recoller xente e chegará a Carnota para asistir o citado roteiro.
O proxecto de ampliación da piscifactoría de Quilmas, afectaría LIC Carnota-Monte Pindo, incluído na rede Natura 2000 e declarado Zona de Especial Protección dos Valores Naturais polo decreto 72/2.004, onde existen hábitats naturais prioritarios, vulnerando así o establecido na Directiva 92/43/CEE e no Real Decreto 1997/1995, de 7 de Decembro de Conservación dos espazos naturais e da flora e fauna silvestres.
Entre estes hábitats prioritarios afectados figuran dunas costeiras fixas con vexetación herbácea (“dunas grises”), dunas fixas descalcificadas atlánticas (Calluno-Ulicetea), matorrais arborescentes de Laurus nobilis, zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea, e xa na zona húmida perto da praia de Quilmas, vexetación anual con Salicornia e outras especies de zonas húmidas e areosas.
saída: 8.00h escalinata de correos en Ferrol.
chegada a santiago: aproximadamente 9.30 (parará a recoller xente na estación de autobuses por onde están os taxis e sairá xa para Carnota)
Regreso: entre ás 16.00h e ás 17.00h
Prezo: 7’50 € ida e volta incluído.
Nota: levar comida, bebida e calzado cómodo.
Contacto: 699 897 712 (Mónica) 661 636 946 (Miguel)
--
Núcleo Comarcal de Verdegaia en Ferrol, Eume e Ortegal
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Roteiros
Verdegaia
Desde Ferrol ao Roteiro por Carnota convocado polos afectados da piscifactoría de Quilmas
sábado, abril 14, 2007
Desde Ferrol ao Roteiro por Carnota convocado polos afectados da piscifactoría de Quilmas
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan sábado, abril 14, 2007
Artigos relacionados
- Contra o consumismo: troca e reutiliza Domingo 21 de Febreiro, Mercadiño de Troco en Ferr
- COMUNICADO DE PRENSA: Verdegaia demanda que a Xunta de Galicia se faga cargo das inst
- Moitas persoas acudiron á chamada das organizacións ecoloxistas e veciñais concentrand
- Ditas actuacións supoñen unha ameaza para a conservación dos hábitats naturais e das espe
- Verdegaia Ferrol organiza unha charla baixo o título: URBANISMO E CORRUPCIÓN Seg
- De: XAN RAMIREZ -xanramirez@gmail.com- Para: artabra21@gmail.com Data: 5 de Abril de 20
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon