De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 9 de Maio de 2007 15:18
Asunto: Denuncian a actuación da Subdelegación do Goberno, polo emprego da forza pública para amparar as irregularidades dunha empresa privada.
ESQUERDA UNIDA-IU DENUNCIA A ACTUACIÓN DA SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO, CO EMPREGO DA FORZA PÚBLICA PARA AMPARAR AS IRREGULARIDADES DUNHA EMPRESA PRIVADA.
ESQUERDA UNIDA DEMANDA UN PRONUNCIAMENTO DOS PRIMEIROS CANDIDATOS DO BNG E PSOE EN FERROL
Esquerda Unida-IU quere denunciar a actuación da subdelegación do goberno, que hoxe pola mañán empregou a forza pública para amparar a entrada dun gaseiro que non podería entrar na ría se as autoridades públicas fixeran súa a obriga de cumplir coa lexislación europea sobre seguridade.
A nosa organización considera lamentable a ausencia do PSOE e do BNG está mañán no peirao de Curuxeiras. Lamentable porque alén das posicións políticas que defendan hoxe estas dúas forzas, semella que deberían ter estado ao carón da cidadanía para defender o dereito a manifestar a nosa oposición e a legalidade vixente. Legalidade vixente que non consiste como equivocadamente a entende o subdelegado: ordeno e mando; legalidade vixente que ten que amparar a cidadanía no exercicio pacífico dos dereitos democráticos .
Requerimos a que os primeiros candidatos do PSOE e o BNG avancen cal é a súa posición política neste asunto. Si para contentar a Reganosa vale todo, ou si aínda quedan límites na defensa da cidadanía onde poidamos contar con eles.
O Coordinador Xeral de Izquierda Unida intervirá hoxe no Congreso dos Deputados para esixir responsabilidades polos feitos que están a acontecer en Ferrol, contr a legislación vixente e contra a seguridade do pobo de Ferrolterra.
O subdelegado do goberno cumpriu a súa ameaza e fixo un desplegue – a todas luces desproporcionado – de medios e persoal para impedir a cidadanía de Ferrol manifestar o seu rexeitamento a planta, até o punto de nos impedir en diferentes momentos estar na baranda do peirao. O subdelegado non tivo reparo en bloquear a saída das embarcacións dos mariscadores, conculcando o seu dereito ao traballo. O subdelegado non tivo reparos en preparar dende a noitiña unha operación perejil contra o pobo de Ferrol, contra a bisbarra. E en malgastar recursos económicos neste operativo para amparar as irregularidades nas que está incurrir Reganosa. O desplegue policial acabou por provocar feridas e lesións en varios mariscadores, que en modo algún tentaron violencia algunha sobre as forzas de seguridade, e que aínda así foron agredidos por ela.
A nosa organización política esixe transparencia sobre as ordes e directrices do operativo policial, e o seu custo. Voltamos a pedir a dimisión co Subdelegado.
Esquerda Unida-IU constata con mágoa que a Xunta de Galicia segue , pois, presa dese convenio de ferro asinado noutro tempo, as agochadas por Fraga, e que ata tamén a Touriño e a Quintana. ESQUERDA UNIDA-IU volta a demandar que a Xunta de Galicia denuncie ese convenio e proceda a facer cumplir as normativas europeas de seguridade, otrosí da pertinente estudo de impacto ambiental.
ESQUERDA UNIDA-IU sabe que si o pobo de Ferrol se dota dunha expresión política contraria á posta en funcionamento da planta, ésta terá que cambiar de ubicación. A tal esforzo comprometemos o noso traballo.
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
EU-IU
Planta de Gas: fóra da Ría
Reganosa
Denuncian a actuación da Subdelegación do Goberno, polo emprego da forza pública para amparar as irregularidades dunha empresa privada
mércores, maio 09, 2007
Denuncian a actuación da Subdelegación do Goberno, polo emprego da forza pública para amparar as irregularidades dunha empresa privada
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan mércores, maio 09, 2007
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon