Na concentración de hoxe no peirao de Ferrol participaron unhas 2000 persoas, desde as 12 ata as 13 horas. Recolléronse firmas en tres mesas, nas que se dispuxeron xogos de catro escritos, nos que cada persoa ten que asinar catro veces, a fin de solicitar o cese ás respectivas instancias superiores que nomearon a Francisco Barroso Palomino, Manuel Ameijeiras Vales, Jorge Cao Ruiz e Amable Dopico Freire aos que se considera que poderían prohibir a entrada do gasero Galicia Spirit ou cederon a presións politicas ou económicas.
Moito antes de finalizar a concentración esgotáronse as copias de escritos que se habian levado para asinar, totalizando 560 firmas e quedando moitos participantes para asinar en proximos dias, polo cal faráselles chegar copia dos escritos por email e para que os devolvan asinados ata o mercores próximo, nalgunha das Asociacións integradas na Asemblea Cidadá, entre elas o Ateneo Ferrolan, onde desde o luns pola mañá podran recollerse exemplares dos escritos para asinar quen non teñan forma de recibilo por email. O Mercores habera xuntanza do CCE pare recoller as firmas.
Quen sexan de fóra de Ferrol rógase que as copias orixinais asinadas envíenas por correo postal a : Comité Cidadan de Emerxencia, Ateneo Ferrolan Rúa Magdalena 204, 1º,Ferrol 15401, a mais tardar con data de saida o vindeiro mércores. Así mesmo por email a comitecidadan@iespana.es o aviso do envío e número de firmas, a fin de esperar por elas.
Ás 13 horas Montserrat Garel, actuando como portavoz do Comité Cidadán, leu o manifesto que se acompaña como anexo a esta nota.
Así mesmo pola megafonia o Coordinador Carmelo Teixeiro comunicou o seguinte:
1) A cidade de Ferrol ten que estar moi agradecida aos traballadores do mar, que unha vez mais defendérona. Os mariscadores, traballadores domar que viven da riqueza que extraen da Ría, coas súas actuacións integradas no Comité Cidadán escribiron unha pagina moi positiva da historia de Ferrol en defensa da vida, a riqueza da ría e a legalidad. O Comité Cidadán considérase solidario e comprometido con eles e apoiaralles nas súas reivindicacións á Xunta de Galicia. (Para que esta non cometa o erro de darlle a Reganosa parte de vára de poder que as urnas soamente dan a quen se presentan ás eleccións).
2) O gaseiro Galicia Spirit saleu hoxe cara ás 7,15 horas coincidindo coa baixamar, é dicir, en marea parada pero con menor calado debido a que ía en lastre ou baleiro sen carga por haber descargado as 140.500 m3 de gas natural licuado no tanque oeste que ten construído Reganosa, non podendo facelo no outro porque aínda non está terminado (sufriu un atraso despois do incendio que no mesmo orixinouse no pasado mes de outubro). Iso quere dicir que nas instalacións de Reganosa esta almacenada unha cantidade elevada de gas natural licuado que constitúe unha ameaza e un perigo para a poboación próxima á que Reganosa esta ameazando no caso dun accidente grave.
3) Un dos candidatos á Alcaldía de Ferrol di hoxe nun medio que "Hai que ir pensando en cambiar a Reganosa de ubicación", o que se entende que a Planta de Gas debe ser situada no Porto Exterior. Entendemos que tamén a Xunta de Galicia debe ir pensando nunha Planta de Gas no Porto Exterior, para unha plataforma gasista con futuro e segura, xa que a Planta de Reganosa é un proxecto en precario económicamente e que ameaza á poboación, polo que mais tarde ou cedo será paralizada, esperando que sexa clausurada o mais pronto posible e antes de que ocorra un accidente grave que podería provocar unha catástrofe.
4) Finalmente deuse a coñecer que no día de onte os mariscadores están sendo represaliados con inspeccións provocadoras da garda civil que se entende son ordenadas para algunha finalidade impresentable nunha democracia na que non é de recibo perseguirlles ou provocarlles tal e como ocorreu onte venres. Os mariscadores seguen á espera de que a Xunta de Galicia comprométase a pagar o día perdido o pasado 9 de maio por mor da entrada do gasero Galicia Spirit e as perdidas que a eles lles cause os danos que Reganosa orixine na Ría de Ferrol.
_________
De: Carmelo Teixeiro -carmeloteixeiro@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 13 de Maio de 2007 00:30
Asunto: Escritos para firmas pedindo o cese dos responsábeis das autorizacións para a entrada do buque gaseiro na Ría de Ferrol
Estos son os catro escritos para recoller firmas.
Hai que firmar os catro, porque como veredes cada escrito se pide o cese de un distinto irresponsable da entrada do gaseiro Galicia Spirit, segun se explica en cada un dos escrtitos.
Carmelo Teixeiro
Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia
_________
- Enlace co escrito de petición de cese de Amable Dopico Freiro, Presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol
- Enlace co escrito de petición de cese de Francisco Barroso Palomino, Director do Area de Industria e Enerxía da Coruña
- Enlace co escrito de petición de cese de Jorge Cao Ruiz, Capitán Maritimo de Ferrol
- Enlace co escrito de petición de cese de Manuel Ameijeiras Vales, Delegado do Goberno en Galicia
______________________
_______________________Enlace coas Galerías Fotográficas da PA21:
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon