domingo, xuño 03, 2007

Comunicado leido na manifestación [03.06.2007] na defensa da Ría de Ferrol, pola liberdade de Bernardo Bastida, contra REGANOSA

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data:3 de Junho de 2007 17:56
Asunto:


Adxunto remítese o comunicado leido hoxe por Montserrat Garel en nome do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, ao final da manifestación que se iniciou cunha concentración no porto de Ferrol para seguir en manifestación polas rúas San Francisco e Real ata chegar á praza de Armas diante do Concello de Ferrol, cos lemas "Liberdade para Bastida e Planta de Gas fora dá Ría" que foron moi coreados.

Video do Comunicado, publicado por Artritis


Tamén foron coreados outros lemas como "A Ría e nosa en non de Reganosa", "Mais legalidade e menos policía", "Non estamos todos falta Bastida", "Reganosa ilegal e perigosa", "No cárcere de Teixeiro deberia estar Tojeiro" entre outros.

O manifesto leido iníciase cunha mensaxe para a nova corporación de Ferrol que se constituira o próximo 16 de xuño e deixa claro que os mariscadores son as primeiras víctimas de Reganosa pero que o problema fundamental é que Reganosa desde o pasado 9 de maio é unha ameaza para a vida de miles de persoas e que a vida non é negociable.

No manifesto denúnciase que o metanero Mourad Didouche é máis antigo que o Prestige, polo que debería estar despezado, o que pon en evidencia a inseguridade de Reganosa.

O número de participantes estímase que supera os 10.000, dunha magnitude que non se vía desde fai moitos anos en Ferrol e que neste momento ningún outro colectivo nin organización pode sumarse.

No porto de Ferrol desde as 11 horas dispuxéronse seis mesas onde se podía asinar autoinculpaciones, llegandose a recoller un total dunhas seiscentas autoincuplacións asinadas, que xunto coas xa presentadas puidesen totalizar as mil incupaciones nos feitos que se imputan a Bernardo Bastida Patron Maior da Cofradía de Pescadores de Ferrol, detido e ingresado no cárcere de Teixeiro, ao que se lle aplicou a prisión previentiva sen ter en conta a presunción de inocencia aplicable en base á Constitución de 1978.

A Cofradía de Pescadores de Ferrol elaborou 500 camisetas que puxo á venda e esgotáronse. A parte frontal das camisetas teñen unha foto de Bernardo Bastida na que se lle ve nunha lancha estacionada na Ría, coa frase Bastida somos todos". Na parte posterior devanditas camisetas teñen a frase "Planta de Gas fóra da Ría".

Por parte do Coordinador Carmelo Teixeiro fíxose mención ás adhesións e participacións que se habían recibido desde fóra de Ferrolterra, entre eles de varias Cofradías de Mariscadores de Galicia

Carmelo Teixeiro
Coordinador do Comité Cidadán para a Ría de Ferrol.

COMUNICADO

¡Bo día!

Hoxe estamos aquí na defensa da vida, da Ría e da legalidade, pero nos falta un compañeiro de loita cuxa liberdade queremos canto antes. Contamos coa vosa presenza solidaria pero tamén coa adhesión de moitos que non puideron vir.

Achegámonos ata a casa do Concello, porque o 16 de xuño constituirase unha nova corporación e deixará de ser Alcalde quen durante estes catro anos estivo facendo de recadeiro de Reganosa, promovendo distintas iniciativas para favorecer unha perigosa planta de gas dentro da Ría e provocando que o Concello se retirase de dous contenciosos que tiña contra Reganosa, un deles gañado. Esperamos, que a nova corporación lle diga o Tribunal Supremo que faga firme a sentencia do TSXG para que os ferroláns e ferrolás recuperemos o dereito a ser defendidos pola Xustiza.

Achegámonos á Casa do Concello como administración máis próxima encargada de velar e garantir os nosos dereitos como cidadáns. Porque cando o poder das institucións é dirixido contra a cidadanía o que se amosa é abuso, máis propio dun estado totalitario que dun estado democrático. Estamos aquí para recordarlle á nova corporación que ten unha tarefa pendente co caso Reganosa, que non esconda a cabeza coma unha avestruz , que defenda a vida das ferrolás e ferroláns, e que sexan consciente de que Reganosa está dentro da Ría de Ferrol a 1200 m.

Cando aconteceu a catástrofe do Prestige, os traballadores e traballadoras do mar xa víronse na obriga de tomar a iniciativa, igualmente miles de voluntarios mobilizáronse en todo o Estado Español para facer fronte á marea negra, en ausencia de resposta das administracións. O goberno do Sr. Fraga na Xunta, estaba de caza, e o goberno do Sr. Aznar propagaba mentiras e paseaba o barco arriba e abaixo, con falsos asesoramentos técnicos. Así sucedeu o maior desastre ecolóxico do noso pais.

A historia leva trazos de repetirse, o caso Reganosa é o maior escándalo de corrupción política, económica e mediática da democracia e tamén pode chegar a converterse nunha enorme traxedia no caso de que a Planta de Gas entre en funcionamento. Aínda que xa neste momento, estamos en perigo co GNL que trouxeron os dous gaseiros, que se encontra almacenado nos tanques, co que Reganosa está facendo probas de regasificación.

Como no caso do Prestige a cidadanía, en ausencia e sen o amparo das administracións, tivemos que tomar a iniciativa. O xermolo do CCE xa no ano 1999 tivo diferentes iniciativas para que a Planta de Gas se ubicara no porto exterior. En xullo de 2001 constitúese como Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol sendo a tarefa fundamental conseguir que a Planta de Gas, sexa instalada no exterior da Ría de Ferrol. En todos estes anos leváronse a cabo accións, mobilizacións e denuncias... ante a Comisión Europea, seis contenciosos en trámite e un sétimo que se iniciará nestes días.

Queremos dicirlles aos que demagoxicamente se amparan argumentando que cando a xustiza se pronuncie acatarán as sentencias, que hai dúas sentencia favorables do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que están recorridas ante o Supremo, por Reganosa e pola Xunta coa finalidade de demorar a vía da xustiza e mesmamente menosprezando e ninguneando ao mais alto Tribunal Galego, para que así Reganosa poida seguir coa construcción da Planta a pesar da flagrante ilegalidade

Coas actuacións diante dos metaneros Galicia Spirit e Mourad Didouche, (que este último sexa un ano máis antigo que o Prestige, pon en evidencia a inseguridade de Reganosa), rompéronse os muros de silencio que en todos estes anos impediron que o caso Reganosa fora coñecido tanto pola poboación de Ferrolterra como pola do resto do mundo. Sendo víctimas de quen censuraron as nosas informacións con moitos cartos que Reganosa gastou en publicidade directa e encuberta. Eses muros de silencio saltaron polos aires os días 7, 8 e 9 de maio, cando cidadáns e traballadores do mar, dando un exemplo de gallardía, na defensa da vida, da Ría e da legalidade, sumáronse ás mobilizacións promovidas polo Comité Cidadán Emerxencia para a ría de Ferrol. Mobilizacións coas que impedimos, por catro veces a entrada ilegal na ría do buque gaseiro “Galicia Spirit”, cargado con 140.000 m³ de gas natural licuado. O 29 de maio impedimos o intento de entrada do segundo metanero chamado “Mourad Didouche”, cargado con 123.000 m3 de GNL. Foron moitas cadeas de televisión, radios e xornais as que levaron por todo o mundo a noticia, dando a coñecer os detalles da ameaza que supón Reganosa para a vida, para a Ría e para a legalidade democrática.

Só empregando as forzas de seguridade dun Estado de dereito e cargando contra a cidadanía indefensa, conseguiron metelos dentro da Ría. Os dous gaseiros entraron en base a permisos que non cumpren a legalidade, ameazando a vida da poboación, sen garantía de que poidan saír o mar en caso de emerxencia na planta ou no gasero, tal e como require a Norma EN-1532 que se está vulnerando. Tampouco existe na Autoridade Portuaria un plan de seguridade ou de emerxencias capaz de facer fronte a catástrofe que podería ser provocada por Reganosa. Ademais nos consta que Reganosa ten sen resolver condicionados da súa autorización de construcción, un deles o das distancias de seguridade ata as poboacións.

Todo o mundo sabe que a planta de gas de Reganosa é unha bomba. Todo o mundo sabe que a Planta de Gas non cumpre as distancias de seguridade respecto as poboacións. Todo o mundo debe saber que cada día de funcionamento da planta de gas matará a vida mariña e o placton de 300 millóns de litros da auga da Ría.

As actuacións que o Comité Cidadán levou a cabo nestes días, provocaron que Félix Alonso, presidente de Reganosa, Emilio Pérez Touriño, presidente da Xunta de Galiza, Xosé Barcia, alcalde de Mugardos e Vicente Irisarri, futuro alcalde de Ferrol, recoñecesen que a ubicación da Planta no interior da Ría non é a máis idónea. O Proxecto Reganosa sostense nun cúmulo de irregularidades e ilegalidades coa complicidade de institucións e medios de comunicación. Proba disto é a firma dun convenio con cláusulas secretas entre os promotores de Reganosa e o Sr. Fraga en xuño de 2000.

A Xunta de Galicia e o Goberno Central actuais herdaron o proxecto de Reganosa pero iso nin xustifica nin lexitima a súa plena aceptación. Moi ao contrario, teñen a obriga de facer respectar a legalidade e a vida, como ven esixindo o Comité Cidadán e tal e como se fixo coa cidade da cultura, replantexándose o proxecto herdado da ‘Era Fraga’. Estamos diante do maior fraude cometido no noso país. O bipartito de Touriño e Quintana e o goberno de Rodriquez Zapatero, teñen a responsabilidade de que non se converta na maior traxedia.

Temos que denunciar o intento de moitos medios de comunicación e autoridades de tratar o problema da planta de gas como se só afectase aos mariscadores, intentando reducir un gravísimo problema a unha simple reclamación de danos económicos. Con esta idea tentaron criminalizar e desprestixiar aos traballadores e traballadoras do mar dirixindo cara eles toda a responsabilidade da oposición cidadá á entrada de gaseros, e buscaron un ‘chivo expiatorio’ na persoa de Bernardo Bastida. Os cartos nunca poderán pagar, por incalculable, a vida dos miles de cidadáns e cidadás que están poñendo en perigo. É preciso recordar aos nosos gobernantes que a vida non é negociable.

É necesario que a cidadanía de Ferrolterra se comprometa con máis determinación que nunca na loita por restaurar a legalidade, coa finalidade de que se paralice a construcción de Reganosa e que sexa expulsada fóra da ría.

Co encarceramento de Bastida pretenden escarmentarnos, atemorizarnos e mesmo converternos en criminais. Mais as mulleres e homes do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, non escarmentamos nin nos asustamos e continuaremos defendendo:“¡PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA, BASTIDA SOMOS TODOS, LIBERDADE PARA BASTIDA “!!!!!!!!

__________________________________________

Enlace coa Galería Fotográfica da PA21
Autor: damch

__________________________________________

Galería Fotográfica no Blog Bitácora do Nordés
Manuel Cendán mcendan@gmail.com
Ferrol contra REGANOSA [32 Fotos]

__________________________________________

Enlace coa Galería Fotográfica da PA21 [Subindo pouco a pouco]
Autor: Alberto Saavedra -asaf@telefonica.net-
da Asociación Veciñal de Ferrol-Vello
avvferrolvello@yahoo.es

___________________________________________

Enlace coa Galería Fotográfica da PA21 [Subindo pouco a pouco]
Autora: Paula
http://trasancos.blogspot.com/

___________________________________________

Rádio Filispím, retrasmitiu en directo a concentración e a manifestación, contando con tres reporteiras a pé de rúa e dous menbros mais do colectivo na realización no propio estudo. Este mesmo programa repetiuse ás 17hs en diferido. Parabéns para esta rádio libre local que recolleu para história, un documento de importantísimo valor documental.
Rádio Filispim emite no 93.9 da FM
.


Imos intentar subir á rede a gravación completa de todo o acto coa fabulosa leitura do comunicado por parte de Montserrat Garel, un comunicado cheo de argumentos e cunha entonación que situa a loita popular no seu xusto termo.
Temos que buscar unha morada cun espazo libre onde entren os 94 MB que é o que pesa a gravación.
___________________________________________

A manifestación segundo os medios galegos nas súas edicións dixitais:

Diario de Ferrol -1-

Diario de Ferrol -2-

Galicia-Hoxe
Vieiros

De Luns a Venres

El País - Galicia

El Correo Gallego

La Opinión de A Coruña

Faro de Vigo

El Progreso - Lugo-

La Región -Ourense-

Xeración WEB

O Xornal

GZNación

La Voz de Galicia

El Ideal Gallego

Noticias de Galicia
_______________________________________

Enlace co Blog que oferta un número importante de enlaces con noticias que se produzen con respeito á planta regasificadora de REGANOSA
[Blog actualizado a 4 de xuño de 2007 10:37 hrs]
_______________________________________

3 comentarios

IRISARRI ONDE ESTÁS?
O PSOE, ONDE ESTÁ?
ESTÁ VENDIDO AO CAPITAL!

Interesante artigo autocrítico desde o BNG:
http://www.vieiros.com/opinions/opinion/93/a-planta-de-gas-unha-fraude


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon