De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 3 de Junho de 2007 01:20
Asunto: .O Pleno Municipal de Mugardos, co voto favorable de todos os grupos fóra de grupo socialista que se abstivo, acordou apoiar tres dos catro puntos propostos polos mariscadores
O Pleno Municipal de Mugardos, co voto favorable de todos os grupos fóra de grupo socialista que se abstivo, acordou apoiar tres dos catro puntos propostos polos mariscadores. A concelleira de Esquerda Unida, Pilar Díaz, recordou ao pleno a postura que a maioría dos grupos municipais expresaran nos Concellos de Ferrol, Fene e Naron, a favor dos catro puntos dos mariscadores e que son os seguintes:
1.- Denunciar a situación dos mariñeiros e mariscadores á flote que perderán un mínimo de 100 días ao ano por mor da entrada dos metaneros proxectada por Reganosa.
2.- Condenar a brutal agresión da policía os días 28 e 29 de maio.
3.- Apoio á manifestación do 3 de xuño solicitando a liberdade de Bernardo Bastida.
4.- Idem anterior solicitando a instalación da Planta de Gas fóra da Ría.
Así mesmo que nas entrevistas realizadas o xoves cos grupos municipais de Ferrol os mariscadores atoparon o apoio aos catro puntos nos grupos municipais de Esquerda Unida, Independentes por Ferrol e BNG, mentres o Alcalde en funcións de Ferrol Juan Juncal manifestou o seu apoio aos tres primeiros puntos. Tamén que o venres os Alcaldes en funcións de Fene e Naron pronunciaran por apoiar os catro puntos. Pola súa banda o alcaldable polo PSOE en Ferrol Vicente Irisarri eludiu pronunciarse en apoio dos puntos que lle propuxeron os mariscadores logo de case dúas horas de conversacións con eles.
confirmaron a asistencia á concentración, Adela Figueroa Presidenta de Adega, Xan Duro Coordinador Xeral de Verdegaia, Agustín Fernández Paz escritor e Manuel Bragado, Director de Edicions Xerais. Pola súa banda comunicaron a súa adhesión o escritor Manuel Rivas, o veterano político Santiago Carrillo e o escritor Méndez Ferrin indicando que non poden asistir pero se solidarizan cos obxectivos da concentración.
Na Confraría de Pescadores de Ferrol e noutras asociacións tamén integradas no Comité Cidadán recibíronse multitude de emails e faxes, de confrarías de pescadores de Galicia, sindicatos e outras entidades, expresando o apoio á liberdade de Bastida e á concentración deste domingo.
A concentración será nos peiraos de Ferrol ás 12:00, onde desde unha hora antes disporanse de mesas para asinar autoinculpaciones nos feitos que se lle imputan a Bernardo Bastida e así mesmo poranse á venda Camisetas elaboradas pola Confraría de Pescadores de Ferrol cunha foto na que se ve Bastida nunha lancha dentro da canle de acceso a Ría un dos días en que foi bloqueado un metanero coa frase “Bastida somos todos” e tamén coa frase “Planta de Gas fora dá Ría”. Ademais poñerase tamén á venda o libro “Muros de Silencio, Corrupción e Ameaza na Ría de Ferrol, o caso Reganosa” editado pola Asociación Cultural Fuco Buxan. No remate final da manifestación na Praza de Armas lerase un comunicado desde as escaleiras do Concello.
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Mugardos
Planta de Gas: fóra da Ría
Reganosa
O Pleno Municipal de Mugardos, acordou apoiar tres dos catro puntos propostos polos mariscadores.
domingo, xuño 03, 2007
O Pleno Municipal de Mugardos, acordou apoiar tres dos catro puntos propostos polos mariscadores.
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan domingo, xuño 03, 2007
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon