Opinión
Muros de silencio
Lino Braxe [*]
..Resulta paradóxico que un lugar que pretende ser declarado Patrimonio de la Humanidade polos seus castelos da Palma e San Felipe, conviva con perigo da desaparición da actividade pesqueira e marisqueira nas augas da súa ría. A ría de Ferrol é abondosa en especies como a ostra, a vieira, a ameixa, o berberecho, as zamburiñas, longueiróns, camaróns, centolas, nécoras, o polvo, a xibia, o choco, etc. Toda esta inmensa riqueza está a piques de sofrer unha enorme catástrofe. Desde que nos anos cincoenta comezaron as obras dos asteleiros ferroláns, as agresións na ría contra o medio ambiente foron en aumento. Parte das ampliacións destes asteleiros e dalgúns peiraos fixéronse extraaendo áridos dos propios areais da ría. Desde que na década dos noventa se instalase a Forestal do Atlántico no medio da ría, toneladas de vieira púdrense no fondo do mar por estar a súa extracción proibida pola toxina amnésica. A maiores o crecemento de poboación nas beiras da ría nos últimos anos fixo que moitos dos verquidos urbanos vaian tamén parar ás augas. A chegada de Reganosa resulta por tanto unha ameaza máis para a xa deteriorada ría de Ferrol. Coa construcción do porto exterior na ponta de Caneliñas a contaminación visual que sofre un entorno que, noutro tempo foi paradisíaco, é brutal. Estes días contemplamos ademais imaxes que non tiñan lugar en Ferrol e en Mugardos desde as folgas do sector naval no anos setenta. A cidade e a vila estiveron tomadas pola policía nacional como se os veciños de ambas poboacións fosen en perigo para a convivencia só polo feito de vivir neses núcleos. As cargas foron desmesuradas e o que lle fixeron ao amigo Bastida unha indecencia. Hai dúas sentencias do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que fallan a favor das teorías do comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. ¿Por qué non se respetan? Os fallos están recurridos. ¿Era ético recurrilos? ¿Non habería que parar as obras e as actividades da pranta gasficadora ate que o Tribunal dictamine unha sentencia sobre os recursos? A ría federá cada día peor cos anos, pero algo fede a noxo e a podremia neste asunto. Lean Muros de silencio o libro de Carmelo Teixeiro, Enrique Barrera e Miguel A. Rodríguez, un libro que non será silenciado e que se convertirá cos anos na testemuña escrita e gráfica dun movemento cidadán xurdido desde a dignidade e a razón.
25 de xuño de 2007
Enlace co artigo orixinal en La Opinión de A Coruña
_________________________
[*] Lino Braxe Mandiá, nace en Mugardos en 1962
Actor, poeta, guionista e locutor. Comezou a principios dos oitenta no mundo da literatura, acadando diferentes premios de poesía. A comezos dos 90 realiza prosa teatral e intervén como actor en diferentes obras. Tamén se ten dedicado á crítica e á investigación literaria, ademais de ser un dos fundadores da revista de pensamento “Luzes de Galiza” a mediados dos 90, ao tempo que dirixe a Fonoteca de Galicia. Ten realizado guións para programas da canle autonómica e series de ficción. Desde o ano 2000 participou na rodaxe de diferentes curtas e longametraxes en Galicia. Interpretou o papel de Andrés na teleserie "Rías Baixas"._____________________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
xoves, xuño 28, 2007
Lino Braxe escribe sobre os Muros de Silencio
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan xoves, xuño 28, 2007
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon