Opinión
MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO [*]
CADERNO ABERTO
en Galicia-Hoxe
Reganosa e o xeneral Gabeiras
Se non leron vostedes o libro Muros de silencio. Corrupción y amenaza en la Ría de Ferrol. El caso Reganosa, fagan o favor de lelo. Está editado pola Asociación Cultural Fuco Buxán –lembren o poema Carta a Fuco Buxán, de Celso Emilio Ferreiro: "Aprende a andar ergueito, aprende a falar forte, aprende de tal xeito que nunca máis esquezas o teu norte"– e son os seus autores Carmelo Teixeiro, Enrique Barrera e M. A. Rodríguez Carballeira. O libro incorpora ademais un limiar realmente emotivo ou, se mellor o prefiren, conmovedor. Asínao Patricia Gabeiras, filla do xeneral de División José Gabeiras Montero –ferrolán de pura cepa, como o seu primeiro apelido–, quen fora xefe do Estado Maior do Exército e quen contribuíra decididamente, como militar demócrata, a frustrar o golpe de Estado fascista do 23-F. Patricia Gabeiras confesa no prólogo do libro o forte amor do seu pai pola terra que o viu nacer, e así se explica que este "home valente" –así o describe tamén a súa filla– aceptase ser, xa retirado e á idade de 85 anos levados con extrema lucidez, "presidente honorífico" do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol que se activou, transversal e democrático, para lle facer fronte, coa palabra e a razón en alto, ao atentado ecolóxico, paisaxístico e socioambiental que significa instalar unha planta de gas en pleno corazón, en plena alma viva e humanizada, fondamente humanizada, da Ría de Ferrol. O xeneral Gabeiras actuou de facto como presidente activo do Comité e até o seu pasamento, producido en xaneiro de 2005, dirixiu el mesmo diversas iniciativas artigos xornalísticos incluídos– encamiñadas a establecer a razón –tamén mediante a documentación e a denuncia– diante do bárbaro dislate posto en marcha. ¿Alguén pode entender esta violación física en plena "pel sensitiva" (Otero Pedrayo) da ría e das terras de Ferrol? ¿Por que non se instalou a planta de gas –por suposto, necesaria para Galicia– no Porto Exterior? A forza do amor do xeneral Gabeiras non pode, neste caso, ser inútil.
Enlace co artigo orixinal en Galicia-Hoxe
_________________
[*]Miguel Anxo Fernán-Vello, naceu en Cospeito (Lugo) no ano 1958. Poeta e dramaturgo, realizou estudos de Música (Guitarra Clásica) no Conservatorio Superior de Música da Coruña e de Psicoloxía e Filoloxía Hispánica na Universidade da Coruña e na Universidade de Santiago de Compostela. Como poeta está en posesión, entre outros, do Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Vigo (1983), Premio Esquío (1984), Premio da Crítica Española (1985), Premio Xacobeo de Poesía da Xunta de Galicia (1992) e Premio Martín Códax (1996). Nos anos 1985 e 1997 foi finalista do Premio Nacional de Literatura do Estado español ...
____________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Opinión
Planta de Gas: fóra da Ría
Reganosa
Miguel Anxo Fernán Vello escribe sobre Reganosa e o xeneral Gabeiras
xoves, xuño 28, 2007
Miguel Anxo Fernán Vello escribe sobre Reganosa e o xeneral Gabeiras
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan xoves, xuño 28, 2007
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon