venres, xuño 15, 2007

O xulgado de Instrución nº 6 de Ferrol, dicta un auto de liberdade para Bernardo Bastida, patrón Maior da Cofradía de Pescadores [15.06.2007]

Como se agardaba, pois o fiscal adheriase, onte, ao escrito de alegacións do avogado defensor, onde se pedía a liberdade incondicional, o Xulgado de Instrución nº6 de Ferrol, dictou hoxe, Auto de Liberdade para Bernardo Bastida que se atopaba en prisión desde o pasado 29 de maio.

Polo que só falta o trámite de que chegue o Auto por fax ao cárcere de Teixeiro, desde o xulgado, e sexa posto en liberdade o Pratrón Maior do pósito ferrolán.

A Cofradía de Pescadores de Ferrol e o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol teñen convocada para hoxe, venres, 15 de xuño, ás 5 da tarde unha Asemblea Informativa nos locais da Lonxa do Porto de Ferrol, aberta a toda a cidadanía. Polo que se agarda que se lle faga un recebimento nese local no transcurso da Asemblea .

Agardamos, mais información do Comité Cidadán de Emerxencia, polo que continuaremos informando.
______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon