De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 18 de Junho de 2007 18:56
Asunto: Primeiros escritos enviados solicitando ceses
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol enviou escritos, cunhas 1.200 firmas que solicitan os cesamentos do Delegado do Goberno en Galicia, do Director do Area de Industria e Enerxía na Coruña e do Presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol: Amable Dopico Freire.
Adxunto achegase:
Segue en nota adxunta de 19 de xuño, resumo do que se di en cada un dos tres escritos, enviados ao Ministro do Interior, ao Ministro de Industria e á Conselleira de Politica Terrirorial.
Tamén acompáñase: a páxina 4 das normas de 27 de abril da Capitanía Marítima. Así mesmo acompáñase a foto de Google Earth con notas indicando onde están os fondeadeiros.
Ademais tamén achéganse , os tres escritos escaneados con selo de rexistro de entra do sábado 16 de xuño.
Para seguintes envios xa hai 27 firmas máis que piden o cesamento de cada un dos citados. Os escritos achégasen por correo a cada un dos destinatarios, enviados pola oficina de rexistro da Xunta de Galicia en Ferrol, pero xa se adiantaron por fax o sábado.
Así mesmo achégase modelo de cada un dos escritos nos tres que se realizaron as firmas, nos que para cada caso definen os motivos especificos polos cales solicítase o seu cesamento.
Carmelo Teixeiro
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
___________
En tres escritos asinados pola Presidenta da Plataforma de Veciños “O Cruceiro de Meha”, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, o sábado pasado 16 de xuño prersentouse por Rexistro da Xunta de Galicia en Ferrol, un primeiro envío de escritos con firmas aos Ministros do Interior e de Industria, así mesmo á Coselleira de Politica Territorial da Xunta de Galicia, solicitando os cesamentos do Delegado do Goberno en Galicia: Manuel Ameijeiras (1.209 firmas), o Director do Area de Industria e Enerxía na Coruña: Francisco Barroso Palomino (1.182 firmas) e o Presxidente da Autoridade Portuaria de Ferrol: Amable Dopico Freire.(1.176 firmas).
Para un segundo envio de firmas, este fin de semana recibíronse 27 firmas máis para cada un dos citados. Así as firmas totais que piden o seu cesamento son: 1.236 para Manuel Ameijeiras Vales, 1.209 firmas para Francisco Barroso Palomino e 1.203 firmas para Amable Dopico Freire.
Nos escritos pídese o cesamento polo que alegan os asinantes en relación coa entrada na Ría de Ferrol, o pasado 9 de maio, do gasero Galicia Spirit cargado con 140.500 metros cúbicos de Gas Natural Licuado que descargou na Planta de Gas que a empresa Reganosa está construíndo en Mugardos, ameazando a vida da poboación próxima e empregando para iso unha forza publica antidisturbios que desde as 6 da mañá pechou todos os lugares de embarque. Resáltase que os feitos repetíronse o 30 de maio, coa entrada do metanero Mourad Didouche para descargar 110.000 m3 de GNL, pero desta vez provocando as forzas antidisturbios unha brutal e inxustificada carga contra os cidadáns que pacíficamente estaban nos peiraos de Ferrol, producíndose feridos que tiveron que ser atendidos no Hospital Arquitecto Marcide.
Envíaselles a pagina 4 das Normas de Seguridade elaboradas pola Capitanía Marítima de Ferrol, donde consta como Fondeadeiro de Emerxencia o de Santa Lucia dentro da Ría de Ferrol, proba evidente de que os metaneiros Galicia Spirit e Mourad Didouche entraron na Ría de Ferrol sen estar acreditada a súa saída de emerxencia ao mar requirida pola norma EN-1532, cuxo cumprimento foi expresamente requirido á Autoridade Portuaria de Ferrol nos escritos da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas de 20 de setiembre de 2001 e 4 de decembro de 2003, cuxa copia tamén se acompañan cunha foto de Google Earth e notas indicando dentro da Ría de Ferrol onde está situada a Planta de Gas que Reganosa esta construíndo, o fondeadero de Santa Lucia, e indicando tamen o lugar de saída ao mar onde os prácticos abandonan os barcos logo de guialos pola canle de entrada/saída.
Igualmente envíanselles as dúas respostas do Goberno no Congreso dos Deputados, en setembro de 2006, nas que di que esixirá o cumprimento de todos os condicionados da autorización de Reganosa outorgada o 13 de febreiro de 2004 pola Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas actualmente dependente do Ministerio de Industria, sinalándolles que entre os condicionados que Reganosa non resolveu están a saída de urxencia dos buques gaseros segundo a norma EN-1532 e o ditame de seguridade sobre distancias suficientes ata as poboacións a fin de que non sufran riscos, segundo o articulo 12 do Real Decreto 1254/99 de 16 de xullo, transposición da Directiva 96/82/CE (Seveso II).
Finalmente infórmaselles que a Planta de Gas que Reganosa constrúe, polo organismo provincial competente foi cualificada como Molesta, Insalubre, Nociva e Perigosa, pero que non cumpre co RAMINP (Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas) que require un mínimo de dous quilómetros de distancia ata o núcleo de poboación agrupada mais próximo. Por outra banda non existen, nin son posibles as medidas correctoras que poidan evitar os riscos de accidente grave que poden afectar á vida e bens das poboacións próximas. Os escritos finalizan afirmando que o feito de que todo iso estea pendente de contenciosos nos tribunais, non exime á Administración Publica das súas obrigacións para aplicar a leis e tomar medidas antes de que ocorra unha catástrofe que pode provocar miles de victimas.
Dos documentos que se citan, a esta nota acompáñase a páxina 4 das Normas de Capitanía Marítima, como proba documental de que é imposible a saída ao mar en caso de emerxencia, e así mesmo a foto de Google Earth sobre a que se achan sinalizados os fondeadeiros interiores e exteriores existentes.
_________________
Nota.-
Para quen o queira ver, hoxe luns o Diario Dixital www.energiadiario.com publica as respostas a unhas preguntas que me fixeron [Carmelo Teixeiro ], e outras que lle fixeron a Emilio Pérez Touriño sobre o tema de Reganosa. Son unhas preguntas que me fixeron hai unhos quince días.
Enlaces cos documentos que están nos Arquivos Ártabros:
- Anexo 1 Prueba documental Páxina 4 normas de Capitania Maritima.
- Anexo 4 Fondeadeiros na Ría de Ferrol.
- Escrito ao Mº de Interior - 15.06.2007- peticion de cese de Manuel Ameijeiras Vales, Delegado do Goberno en Galiza, con rexistro de entrada.
- Escrito ao Mº de Industria - 15.06.2007- peticion de cese de Francisco Barroso Palomino, Director da Área de Industria e Enerxía da Coruña, con rexistro de entrada.
- Escrito á Xunta de Galicia - 15.06.2007- peticion de cese de Amable Dopico Freire, Presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol, con rexistro de entrada.
- Escrito recollida de asinaturas para a petición de Cese Amable Dopico Freire.
- Escrito recollida de asinaturas para a petición de Cese Francisco Barroso Palomino.
- Escrito recollida de asinaturas para a petición de Cese Manuel Ameijeiras Vale.
______________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon