martes, xullo 03, 2007

Solidariedade co Pobo Saharaui, cando imos ter nas nosas casas a nen@s saharauis en vacacións de verán

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 2 de Julho de 2007 17:22
Asunto: solidariedade co pobo saharaui


Esquerda Unida-IU reitera o seu compromiso coas demandas do pobo saharaui

Esquerda Unida-IU quere expresar o seu respaldo as lexítimas aspiracións do pobo saharaui atinxentes ao seu autogoberno nacional, conforme as previsións contempladas dende hai décadas na Comisión de descolonización da ONU.

Par nós resulta indispensable que a comunidade internacional e en particular o goberno español asuma un papel activo a prol dos dereitos do pobo saharaui a decidir o seu futuro en liberdade.

Decisión libre que pasa inexcusablemente pola celebración dun referendo en condicións de liberdade, baixo a tutela da ONU ( MINURSO ), que devolva a palabra e a decisión a este pobo que segue a manter vencellos fraternais co noso Estado.

Non esquecemos a indigna actuación que o réximen franquista protagonizou entregando a Marrocos a liberdade e a soberanía dun pobo, que teima nembargantes por se manter libre e digno. España segue a ser responsable política, moral e xurídicamente do que non fixo ben cun pobo amigo, que conta coa solidariedade da cidadanía galega e española.

Esquerda Unida-IU suliña a necesidade de acadr unha solución urxente, xusta e definitiva do conflito do Sáhara no marco do Concello de Seguridade da ONU, dacordo á legalidade internacional.

Nós demandamos do Goberno español que promova iniciativas políticas que axuden a conquerir un acordo entre as partes que respecte o lexítimo dereito do pobo saharaui á libre determinación dacordo á Carta da ONU e das resolucións do Concello de Seguridade, e moi concretamente, da resolución 1514 aprobada pola Asemblea Xeral da ONU para procesos descolonizadores, baseados no dereito de libre determinación.

Esquerda Unida sostén a necesidade de incrementar sustancialmente a axuda humanitaria e de cooperación técnica aos campamentos de refuxiad@s saharauis.

E por último, instamos ás autoridades marroquinas a pór en liberdade aos presos saharauis na cadea por exercer dereitos e liberdades fundamentais, e que no sucesivo se abstenía de perpetrar calquer vulneración destes dereitos.

Cando imos ter nas nosas casas a nen@s saharauis en vacacións de verán, toca facer un esforzo colectivo como sociedade para reclamar unha solución democrática e xusta aprol do pobo saharaui. Cómpre non esquecer que o que está en xogo e o porvir desta mocedade que agora acollemos. Esquerda Unida-IU vai manter esta posición en todos os eidos da súa acción política e social, nas institucións e na sociedade.
__________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon