De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de Agosto de 2007 12:26
Asunto: nota de prensa da Concellería de Cultura
A Concelleira de Cultura, Yolanda Díaz manterá mañán mércores, 22 de agosto, ás 17:00 horas no Centro Cultural Torrente Ballester un encontro coas asociacións culturais da cidade
Yolanda Díaz manterá mañán un encontro de traballo coas asociacións e entidades culturais da cidade ao obxecto de participarlles dos proxectos culturais que ten a concellería e máis coñecer das inquedanzas e propostas das entidades culturais da cidade.
A Concelleira de Cultura e Primeira teniente de Alcaldesa está a traballar na definición dunha nova política cultural, que permita inxerir a nosa cidade nos circuitos culturais máis esixentes no que atinxe a programación e promoción da cultura, facendoo de xeito participativo, no traballo cotián coas entidades culturais sobranceiras da cidade.
A participación dos movementos asociativos da carácter cultural semella indispensable para conquerir un novo modelo cultural para a cidade, quen de artellar unha proposta de calidade e modernidade no que atinxe á vida cultural.
No eido cultural a Concellería ten a vontade de involucrar a meirande número de persoas e entidades nun proceso de democracia participativa que permita acadar as liñas forza que definan unha nova política cultural.
Nas diferentes expresións artísticas resta unha tarefa formidable de valorización e difusión que convirta a nosa cidade nun eixo relevante da programación e dos circuitos culturais máis importantes a nivel do Estado e internacional.
________________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Cultura
EU-IU
Ferrol
Encontro de entidades culturais coa Concelleira de Cultura da cidade de Ferrol: mércores 22 de agosto
martes, agosto 21, 2007
Encontro de entidades culturais coa Concelleira de Cultura da cidade de Ferrol: mércores 22 de agosto
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan martes, agosto 21, 2007
Artigos relacionados
- Informacións do Grupo Municipal Esquerda Unida ESQUERDA UNIDA CRITICA O NOVO ATRASO NA A
- [Nunha foto de Kiko Delgado, o 16 de Xuño de 2007, logo de asinar o Pacto de Goberno entr
- O CONSELLO LOCAL DE ESQUERDA UNIDA MANIFESTA A SÚA ADHESIÓN Á SEMANA GALEGA
- Praza de España-Porta Nova-Mércores-13 xuño Estades CONVOCAD@S para unha xuntanza este
- Á ALCALDÍA DO CONCELLO DE FERROL retirada integra da contrarreforma laboral Yolanda
- De: Xan Carlos Ansia Xan Carlos Ansia-xancarlosansia@hotmail.com- Para: artabra21@gmail.c
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon