A gran familia
Lino Braxe
20.08.2007
..As abutres voan en manada, as aguias fano soas. Creo que a frase pertece á película Confidencias de Visconti e que a pronunciaba o actor Burt Lancaster. Todo isto ben a conto de que algo de aguias teñen que ter os viciños de Mehá -Parroquia do Concello de Mugardos- que levan fechados un mes no edificio do concello mugardés protestando pola ubicación da planta de gas de Reganosa no interior da ría de Ferrol. Algo dese espírito libre das aguias teñen estes veciños e viciñas que con valentía e paciencia están a defender o interese de todos, o común patrionio ecolóxico de todo un pobo. Cada día teño máis claro que a verdadeira batalla que debe librar Galiza é pola ecoloxía. O Courel, O Ribeiro, a ría de Ferrol son hoxe referentes de como as bestas da política están a queimar o noso país. Este artigo quere ser só un conxunto de letras que debuxen no cerebro das xentes que están fechadas no concello mugardés a palabra gracias. Por iso, para apoialos e amosar o noso agradecemento é polo que xentes da cultura e das artes están a desprazarse ata Mugardos. Ao longo destes trinta días teñen visitado aos fechados no concello artistas como Manuel Rivas, Xurxo Souto, Mabel Ribera ou Xosé Manuel Beiras -e non lles asombre que inclúa a Beiras na nómina de artistas porque ademais de político é un magnífico pianista e escritor-. Moitas asociacións culturais, veciñais e ecoloxistas teñen tamén amosado a súa solidariedade aos fechados. É ben certo que a historia non a escribe a masa senón algúns individuos. As ideas sempre son propiedade duns poucos, sen embargo o odio e o rencor é o capital das maiorías. Os que medramos ao pé de Santa Lucía e de Mehá non somos quen de permanecer impasibles diante da destrución do paraíso da nosa nenez. Sobre o que penso sobre a planta de Reganosa xa teño escrito noutra ocasión. Hoxe, só quero falar desde o corazón aos meus paisanos. Non temades a derrota. O importante non é a meta senón o camiño. Xa o decía Kavafis cando definíu o que significan as Itacas. O verdadeiramente inesquecible é ver que levades gravados na alma aqueles versos de Góngora "...la playa azul de la persona mía", ese arrecendo mariño que nos queren roubar con mentiras. O tempo pon as cousas no seu sitio. O mao é que o tempo corre na nosa contra e cando Galiza reaccione será pra arrepentirse do sucedido -como sempre- en lugar de animar agora o lombo. Como ando ensaiar a óepra de Stravinsky Historia do soldado non me resisto a reproducir parte dun dos meus parlamentos: "Non se pode engadir ao que se ten o que antes se tiña, non se pode ser ao mesmo tempo que se é o que se era". Vós sodes, xa, e para sempre, distintas persoas. Sodes xa unha gran familia que ten un motivo eterno para estar unidos. Antes erades veciños e veciñas. Agora sodes amigos e amigas. Saude e Terra, Irmáns.
____
Publicado en La Opinión de A Coruña
Enlace co artigo orixinal
__________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
martes, agosto 21, 2007
Artigo de opinión de Lino Braxe: A Gran Familia
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan martes, agosto 21, 2007
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon