Este venres, 3 de Agosto, ás 11 da mañá terá lugar o Pleno Municipal do Concello de Ferrol, para anular o acordo Plenario do pasado 20 de abril, onde cos votos do PP e IF, aprobaron o Plano de Sectorización de Menáncaro, que pretendía urbanizar con 69 chalets e un hotel, un espazo natural de grande valor ecolóxico e natural, alegando silencio administrativo positivo.
A defensa da Fraga de Menáncaro, ten anos de loita, mais nestes dous últimos anos a súa intensidade foi en aumento. A Comunidade Menáncaro, que agrupa á veciñanza e ecoloxistas, foi unha parte moi importante da loita popular que se desenvolveu na defensa da Fraga. A mobilización social foi fundamental para conseguir vencer a política especulativa do pasado goberno de Juncal e Fernández, evitando a desaparición dun dos poucos bosques de especies autóctonas que hai en Ferrol.
Agardemos que este venres, coa anulación dos ilegais acordos Plenarios do pasado 20 de abril, comece o proceso para recalificar o lugar e dotar a toda a Fraga de Menáncaro dunha figura protectora do entorno natural, como así vimos demandando a veciñanza e os colectivos ecoloxistas.
______________________
Documentario realizado polas entidades ecoloxistas, onde se pode apreciar a imensidade e o valor da Fraga no seu conxunto. Realizado pouco despois de saberse que a Fraga de Menáncaro estaba ameazada por unha posibél especulación urbanística.
En formato mpg, cunha duración 6 minutos 43 segundos.
Editado por SGHN e ADEGA, Novembro 2005
Feito por Yosy (c)
DISCO CDR. ...
_____________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Fraga de Menáncaro
A Fraga de Menáncaro ao Pleno do venres, 3 de Agosto, para anular o acordo ilegal e especulativo, do pasado goberno da dereita
xoves, agosto 02, 2007
A Fraga de Menáncaro ao Pleno do venres, 3 de Agosto, para anular o acordo ilegal e especulativo, do pasado goberno da dereita
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan xoves, agosto 02, 2007
Tags
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon