martes, agosto 28, 2007

Noticia de interese en Vieiros, "Fraga di que Reganosa e a Cidade da Cultura son as súas mellores obras"

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 28 de Agosto de 2007 19:06
Asunto: Noticia de interese en Vieiros, "Fraga di que Reganosa e a Cidade da Cultura son as súas mellores obras"



Declaracións do ex presidente Fraga di que Reganosa e a Cidade da Cultura son as súas mellores obras

"Os que defenden como gato panza arriba que Reganosa se vaia, só queren que se lles merque o seu silencio con cartos", afirmou este luns nunha cena homenaxe en Cabanas.
Redacción - 13:45 28/08/2007

O ex presidente Manuel Fraga

O ex presidente do Goberno, Manuel Fraga, foi o protagonista este luns dunha cea homenaxe por parte do PPdeG de Cabanas e de Pontedeume. O fundador do Partido Popular afirmou que "do que estou máis orgulloso da miña época como presidente da Xunta é da planta de Reganosa e da Cidade da Cultura", informa este martes El Correo Gallego.

Ademais, engadiu que "os que critican esas dúas xestións son os que nunca fixeron nada". Respecto aos que protestan contra a regasificadora dixo que "semella que a xente tolea", e xustificou o seu funcionamento para darlles servizo aos ciclos combinados das Pontes e de Sabón.

Segundo Fraga, "os que defenden como gato panza arriba que Reganosa se vaia só queren que se lles merque o seu silencio con cartos". O ex dirixente cualificou tanto esta obra como a da Cidade da Cultura como "moi positivas", e engadiu que "tamén o Palacio de Versalles recibira críticas no seu día".

_____________________

ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Web veciñal
Blog veciñal

_______________

Enlace co artigo orixinal en Vieiros
[Recomenda-se entrar no enlace orixinal, pois hai noticias relacionadas de interese e varios comentarios]

Nota.- A foto postou-na a PA21, é de 2005 nun mitín en Bizkaia. A foto que sae na noticia en Vieiros, como que demasiado positiva.
______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon