Recimimos varios correos da Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá", informando de varios asuntos de interes, como son as visitas que recibiron; as actuacións que houbo e as que están previstas; o cambio de morada na rede e o novo Blog; e por último informando dunha nova que publica La Voz de Galicia na súa edición de hoxe.
De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
-ocruceiromeha@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 27 de Agosto de 2007 21:30
Asunto: Visitas e actuacións
O luns día 27 de agosto ás 12:00 horas, os veciños pechaos no concello de Mugardos recibiron a visita do Presidente e Vicepresidente da Sociedade Galega de Historia Natural, como acto de apoio e solidariedade.
Esa mesma tarde ás 20:00 horas, na praza do concello de Mugardos actuou o grupo A Faltriqueira, de Pontedeume. O grupo amosou en todo momento gran entusiasmo e interese en poder participar e achegar o seu granito de area na loita que os veciños da plataforma de veciños O Cruceiro de Mehá estamos mantendo contra a localización de REGANOSA no interior da ría ferrolá.
Mañá martes 28 de agosto ás 19:30 horas, actuarán, nun recital de poesía, na mesma praza de Mugardos:
FERNÁN VELLO
EVA VEIGA
PEPE LEIRA
ROSA MÉNDEZ.
Plataforma de veciños O Cruceiro de Mehá
A RÍA E NOSA E NON DE REGAÑOSA
____________________________
De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
-ocruceiromeha@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 27 de Agosto de 2007 22:37
Asunto: Novo enderezo do Blog
Queridos amigos, este correo é para avisarvos de que desde a Plataforma de veciños O Cruceiro de Meá, tivemos que cambiar de dirección web-blogg, debido a problemas técnicos co servidor.
A partir de agora, e esperemos que por moito tempo, sera a seguinte
http://ocruceirodemea.blogspot.com
Perdoade as molestias e ter en conta que por motivos de mobilidade de datos non estará completo ata dentro duns días, pero si que actualizaremos as actividades dende xa.
Grazas polo voso seguimento.
Nós, pola nosa banda seguiremos ata a vitoria final.
PLANTA DE GAS FORA DA RÍA
Un saúdo para todos e todas
Plataforma de veciños O Cruceiro de Meá
____________
De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
-ocruceiromeha@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 28 de Agosto de 2007 10:44
Asunto: Noticia publicada en La Voz de Galicia [E ainda estamos empezando]
E aínda estamos empezando
Una filtración de gas nun tramo do gasoducto en Cabanas moviliza ao retén de Reganosa
Autor:
La Voz de Galicia
Data de publicación:
28/8/2007
O retén permanente disposto por Reganosa para vixiar os dous ramais do gasoduto que parte de Mugardos cara ás Pontes e Arteixo atendeu onte unha incidencia en Cabanas. Fontes oficiais de Reganosa informaron de que se produciu unha «filtración de moléculas de gas natural ao aire» nun tramo en obras do gasoduto.
A pequena fuga detectouse grazas a que o gas natural (é inodoro) leva incorporado un odorizante precisamente para que resulte fácil descubrir filtracións.
Reganosa sinalou que a cantidade de combustible que se escapou á atmosfera foi insignificante. A empresa achacou esta incidencia a que as condicións climatolóxicas dos últimos días (calor, humidade, entre outros) puideron provocar que se afrouxase unha válvula.
O retén de Reganosa resolveu o problema facilmente, segundo a empresa.
O lugar onde se produciu a filtración está afastado de casas, destacou a compañía, e localízase nunha posición onde conflúen os dous ramais do gasoduto. A tubaxe que vai ás Pontes xa transporta combustible, mentres que a que desembocará en Arteixo aínda non. Reganosa aínda deberá acometer as obras para que o gasoduto salve a desembocadura do río Eume, unhas obras de gran complexidade técnica.
_____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon