De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
ocruceiromeha@yahoo.es
Para: artabra21@gmail.com
Data: 23 de Agosto de 2007 09:05
Asunto:LOGO DUN MES DE PECHE
LOGO DUN MES DE PECHE
Mugardos a 23 agosto 2007
Despois dun mes de peche no concello de Mugardos (lembrade o 23 de Xullo), os veciños e veciñas pechados con carácter indefinido para, deste xeito protestar pola localización da Planta de Gas no interior da ría de Ferrol (REGANOSA), queremos agradecervos todas as palabras de solidariedade e ánimo que nos fixéchedes chegar día a día, e sen as cales, case con absoluta seguridades, non poderíamos aguantar tanto tempo.
Queremos decirvos con isto que, non desfalezamos, que a loita e dura, longa e o inimigo moi poderoso. Mais nós somos os que estamos en posesión da verdade, da racionalidade; somos un colectivo soberano e testazudo, como dixo un bo amigo noso: Somos esa maldita almorrá no cu de REGANOSA!!.
Lembrade que mañán é a marcha ás 16:00 horas desde o peirao de Ferrol ata o concello de Mugardos e que nos gustaría estar con todos vós.
Sabede tamén que o vindeiro sábado iremos A FONSAGRADA para que o Presidente do goberno español tome conciencia, coa nosa presenza, dos perigos a que ten exposta á poboación que vive na ría de Ferrol. Lémbrome, cando Zapatero gañou as eleccións xerais que un galego lle berrou: ¡¡¡ZAPATERO NO NOS FALLES!!!.
Esa mesma mensaxe é, a que a nosa presenza quere darlle a entender, xa que, están a poñernos unha bomba no noso Xardín.
Compañeiras e compañeiros, amigos e amigas, asociacións veciñais e demais colectivos que nos apoiades, a todos vos un abrazo de amizade e solidariedade destas veciñas e veciños que pelexan pola dignidade e a legalidade, de xeito conxunto con todos vós.
PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !
A RÍA E NOSA E NON DE REGANOSA !
Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Mehá"
______________
para a Ría de Ferrol
Convoca:
MARCHA CIDADÁ A MUGARDOS
Contra a localización da Planta Regasificadora de Reganosa
dentro da Ría de Ferrol, sumándose á veciñanza pechada
desde o 23 de xullo na Casa do Concello de Mugardos.
Andaina de 17 Kms.
Venres, 24 de agosto de 2007
Saída do Porto de Ferrol, ás 16 hs.
Regreso en autobús de liña, ás 22 e 23 hs.
¡¡¡ PARTICIPA !!!
¡¡¡ A NOSA VIDA E NOSA E NON DE REGANOSA ¡!!!
Pregase difundir o cartaz.
Se alguén quere o cartaz en formato PDF a cor ou B/N que o solicite ao correo-e:
artabra21@gmail.com
Para ampliar a imaxe clica acima dela
________________________
1 comentarios so far
Espero que vos guste:
http://es.youtube.com/watch?v=GDCHUg3qzoE
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon