sábado, setembro 29, 2007

Asemblea celebrada nos locais da CIG en Ferrol o pasado 26 de setembro en oposición a REGANOSA

De: Afiliadas e Afiliados Cig-Ferrol
-oposicionsindicalareganosa@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 28 de setembro de 2007 22:33
Asunto: Asemblea celebrada nos locais da CIG en Ferrol o pasado 26 de setembro



Asemblea celebrada nos locais da CIG en Ferrol o pasado 26 de setembro en oposición a REGANOSA

Sindicalistas, delegadas de persoal, de comités de empresa e xuntas de persoal, así como afiliadas en xeral, todas integrantes da Confederación Intersindical Galega [CIG] desta Comarca, celebramos unha Asemblea Aberta o pasado 26 de setembro, pola tarde, no salón de Actos dos locais da CIG de Ferrol, na Rúa Pondal en Esteiro.

Esta non foi unha asemblea convocada polos organismos da central sindical , senón por persoas que temos en común estar afiliadas á mesma central sindical e rechazar o despropósito gasístico de REGANOSA.

Nesta Asemblea informou-se, debateu-se e asinou-se un manifesto público de oposición á localización da Planta de Gas dentro da Ría de Ferrol. E apoiar a manifestación do vindeiro domingo 30 de setembro no Porto de Ferrol. Na citada Asemblea participaron 41 persoas, que recolleron 118 asinaturas, de cargos sindicais e afilación en xeral, destacando un importante número de persoas que están participando no peche da veciñanza na Casa do Concello de Mugardos . Entre, as persoas asinantes está un membro da Executiva Nacional da Confederación; de executivas nacionais dos sindicatos de rama; unha membro da Executiva Comarcal; varias da Dirección Comarcal e varios de executivas comarcais de rama, así como delegados e delegadas sindicais; membros de xuntas de persoal e comités de empresa da comarca.

Na citada Asemblea acordou-se engadir ao manifesto, un parágrafo pedindo a retirada de sancións e as denuncias que manten a fiscalía contra a xente do mar , como tamén solicitar da Executiva Comarcal unha certificación e cópia de toda a documentación e acordos que haxa na central sindical sonbre o asunto da planta regasificadora, tanto actual como dos antecedentes. E finalmente acordou-se [despois de pasada a manifestación do 30 de setembro, á que imos acudir identificados individualmente, con autocolantes da CIG] continuar facendo actividades e recoller máis apoios, xa para un manifesto xeral de rexeitamento da planta regasificadora de REGANOSA.

Quedaron de coordenar estes acordos as persoas que participan na Asemblea Cidadá.

O manifesto foi enviado aos medios informativos.

Enlace co Manifesto
_____
Oposición sindical
contra o despropósito gasístico de REGANOSA

Blog:
http://manifesto-sindical.blogspot.com/
________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon