De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 15 de novembro de 2007 18:22
Asunto: 111 días de peche
111 días de peche
Texto lido por Xosé Miguel López Pérez, presidente da Asociación Veciñal de Esteiro “ Fontelonga” no Concello de Mugardos, con motivo do remate do peche de 111 días realizada polas mulleres e os homes de Meá ( Mugardos) contra a instalación dunha planta de gas dentro da Ría de Ferrol.
Mugardos 10 de novembro de 2007.
No nome da Asociación Veciñal de Esteiro “ Fontelonga”:
¡Moitas grazas a todas e a todos!
Nunha sociedade cada vez máis individualista e insolidaria, fostes e ides seguir sendo, un exemplo de dignidade e compromiso na defensa da vida e dos intereses colectivos.
É moi difícil de facer o que fixestes e é máis difícil conseguir a solidariedade que vós recibistes de toda Galicia ¡ Desde O Courel á Corrubedo !.
Hoxe no é o final de nada, seguramente os falabarato, os bandullos agradecidos de Reganosa e La Coz de Galicia, presentarán o remate do peche, despois de 111 días, como a aceptación dunha derrota. ¡Están trabucados e llo imos demostrar!.
Se nun momento foron os/as mariscadores/as os/as protagonistas, noutro momento as veciñas e veciños de Meá, agora o Comité Cidadán de Emerxencia, que é quen dirixe a loita contra “ a maior fraude política e económica da democracia, Reganosa”, programará outras formas de loita, pero que a ninguén lle caiba dúbida ningunha de que a loita continúa, de que témo-la razón e de que a batalla pola vida e contra Reganosa ¡ ímola gañar!.
Nesa loita estamos seguros que ides seguir, como ata agora, participando e sendo protagonistas.
¡Sodes un exemplo a seguir!
A vida, como o cariño verdadeiro, nin se compra nin se vende. Estamos orgullosos de vós e desde Fontelonga queremos darvos unha forte aperta e sobre todo as grazas.
¡Moitas grazas!
_____________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
xoves, novembro 15, 2007
111 días de peche
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan xoves, novembro 15, 2007
Artigos relacionados
- O aumento de buques gaseiros, con decenas de miles de toneladas de GNL nos seus tanques,
- De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGAavvfontelonga@mundo-r.comPara: artabra21@gmail.comData:2
- De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA -avvfontelonga@mundo-r.com-Para: artabra21@gmail.com Da
- A A.V. Fontelonga de Esteiro, diante do conflito no servizo de limpeza e recollida de lixo da cidadeDe: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA-avvfontelonga@mundo-r.com-Para: artabra21@gmail.comData
- Imaxe virtual de como sería a terminal de GNL de Shannon (Independent.il)Novo golpe para
- O gaseiro que arribou hoxe á Ría de Ferrol, chama-se 'Rias Baixas Knutsen', procede de
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon