venres, novembro 09, 2007

13 concelleiros do anterior goberno da dereita PP - IF, comandados por Juan Juncal, imputados polo asunto Abeconsa e as obras da Praza da Porta Nova

A Plataforma Ártabra 21, cumpreu um papel importante na loita pola defensa dos espazos públicos, en concreto o asunto da Praza da Porta Nova, foi moi importante. Nun momento determinado desde a PA21 tomamos a iniciativa de denuncia e mobilización, señalando o despropósito do goberno municipal da dereita PP-IF coas obras da citada Praza.

Pola importancia do asunto transcribimos as noticias que publicou o xonal comarcal "Diario de Ferrol", nas edicións dos días 8 e 9 de novembro.

Diario de Ferrol - 8 de novembro de 2007
A Fiscalía imputa ao goberno de Juncal pola praza de España
O fiscal que se ocupa da denuncia polas obras da praza de España pediu ao Xulgado número 1 "que instrúe o caso" a declaración como imputados dos 13 edís que formaban parte do grupo de goberno presidido por Juan Juncal ?oito do PP e cinco de IF?, así como do arquitecto e o aparellador municipais. Trátase un paso previo á cualificación xurídica dos feitos.

O fiscal que se ocupa da causa aberta no Xulgado de Instrución número 1 de Ferrol polas obras da praza de España solicitou a declaración como imputados dos oito concelleiros do Partido Popular e os cinco de Independentes por Ferrol que no seu día deron o voto favorable aos criterios de urbanización deste espazo, o cambio de usos, a adxudicación a Abeconsa e a aprobación do proxecto presentado pola empresa. Todas estas cuestións liquidáronse en catro plenos celebrados entre os anos 2004 e 2005 nos que unicamente o entón grupo de goberno, presidido por Juan Juncal, apoiou as propostas presentadas -a oposición votou en contra-.

Os edís cuxa declaración como imputados solicítase ao Xulgado son, ademais de Juncal, os "populares" Marta Cerdido Pintos, José Manuel Rei Varela e José Manuel Vilariño Anca -todos eles aínda en activo-, Vicente Lorenzo Luque, Rosa María Novoa Alcaraz e Amador Fátima Rodríguez Silvar, así como os de Independentes por Ferrol Manuel Honorio Bustabad Ferreiro -entón edil desta formación política e hoxe dentro do grupo do PP-, Juan Fernández García, Leopoldo Ibáñez Santiago e o que era responsabale municipal de Urbanismo, Francisco Manuel Pita-Romeu Caamaño -que permanecen aínda na corporaación-, xunto con José Luís Amado Caeiro e José Manuel Couce Fraguela.

Á petición de declaración dos concelleiros hai que sumar, tamén en calidade de imputados, a do arquitecto municipal Guillermo Díaz do Río e o aparellador do Concello Juan J. Ruiz González.

Dáse a circunstancia de que Guillermo Evia (PP), que substituíu a Pita-Romeu á fronte de Urbanismo por decisión de Juncal, é o único edil que formou parte do anterior grupo de goberno que se libra de prestar declaración, polo menos de momento.

Enlace orixinal coa noticia no Diario de Ferrol


[Os imputados sin Juncal]


Diario de Ferrol - 9 de novembro de 2007
O caso da praza de España pasará ao TSXG
O caso da praza de España volverá ao Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, cuxa Fiscalía instou á de Ferrol a presentar denuncia. O motivo é que a condición de deputada de Marta Cerdido obriga ao Xulgado de Instrución a inhibirse en favor do TSXG.

REDACCIÓN > FERROL
A condición de deputada do Parlamento galego da concelleira do Partido Popular Marta Cerdido deu un novo xiro ao caso da praza de España. A imposibilidade de xulgar a través do procedemento ordinario a unha aforada derivará, con toda probabilidade, no traslado das dilixencias ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Fontes da Fiscalía informaron onte a este xornal de que tiveron coñecemento extra-procesual desta circunstancia, que aínda que afecta de xeito persoal unicamente á edila Cerdido, repercutirá no conxunto das persoas para as que se pedía a imputación -como se recordará, oito edís do Partido Popular e cinco de Independentes por Ferrol, os que gobernaron o Concello durante o anterior mandato con Juan Juncal como alcalde- e dous técnicos. Deste xeito, a partir de agora o Xulgado de Instrución número 1 -que viña ocupándose do caso- terá que dirixirse ao Parlamento de Galicia para solicitar unha relación de deputados e comprobar que entre eles figura Marta Cerdido. Unha vez ratificada esta situación, obrigará a inhibirse en favor do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, que é o que por lei asume as competencias cando se dan estas circunstancias. Será o TSXG o encargado de nomear un maxistrado instrutor para que se ocupe das dilixencias.

Demora > Na práctica, o traslado do caso redundará nunha demora nos trámites que se seguen, que se iniciaron, precisamente, por mor dunha denuncia da Federación Veciñal Roi Xordo presentada ante a Fiscalía do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia. Foi o fiscal do TSXG Antonio Roma o que entendeu que procedía formular denuncia e o que trasladou o caso ao Xulgado Decano de Ferrol, que o outorgou en repartición ao número 1, aínda que agora teña que volver ao seu lugar de orixe por unha cuestión de procedemento.

Como onte anunciaba Diario de Ferrol, o fiscal José Luís Pillado López solicitara ao Xulgado que se chamase a declarar como imputados aos trece concelleiros citados e ao arquitecto e o aparellador municipais, admitindo así as teses de Roi Xordo e do propio fiscal do TSXG Antonio Roma.

Enlace orixinal coa noticia no Diario de Ferrol
_____________________
Octavilla dunha das mobilizacións realizadas en Ferrol

[Para ampliar clicar acima das imaxens]

_____________________

Importante comunicado do 16 de abril de 2007

POSICIÓN CONSENSUADA POLAS ENTIDADES CONVOCANTES DAS MOBILIZACIÓNS NA DEFENSA DOS ESPAZOS PÚBLICOS E CONTRA A CONSTRUCIÓN DO MACRO-EDIFICO NA PRAZA DA PORTA NOVA [PRAZA DE ESPAÑA], DIANTE DO DITAME DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA E DA ACTITUDE DO GOBERNO MUNICIPAL
__________________

2 comentarios

Que vosotros denunsiaateis? No me hagas reir, si os estuvistes descojonando de risa contra los mas de 500 vecinos que presentaron denuncia diciendo que eso era papel mojado porque no existia delito en la obra de la Plaza de España. Ma cara que los que ahora dicen que actuaron según los informes de los técnicos. Ahora que ya salió todo va a resultar que todo fue gracias a vosotros.jajaja, menos mal que existen las hemerotecas

Pero Caselas non é candidato de Independentes por Ferrol, a él taméno van procesar?


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon