De: Comité cidadán antiSIDA de Ferrolterra
-comite.antisida.lazos@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 9 de novembro de 2007 00:44
Asunto: Primeiras Xornadas de sensibilización sobre VIH/SIDA en Ferrol. 28, 29, 30 de Novembro e 1 de Decembro 2007
Primeiras Xornadas de sensibilización sobre VIH/SIDA en Ferrol.
28, 29, 30 de Novembro e 1 de Decembro 2007
Estimados/as compañeiros/as:
Adxunto invitación e programa definitivo das primeiras xornadas de sensibilización sobre VIH/SIDA que se celebrarán en Ferrol os próximos 28, 29, 30 de Novembro e 1 de Decembro de 2007. Devanditas xornadas celebraranse entre a escola universitaria de enfermería (28 e 29 de Novembro), o Ateneo Ferrolán (30 de novembro) e nas rúas de ferrol (1 de Decembro de 2007).
Para inscribirse nas xornadas farase por correo electrónico, ou ben no local da Asociación, no horario abaixo indicado.
Esperamos a vosa asistencia e rogamos difundades a programación entre amigos e outras entidades.
Atentamente, recibide un saúdo moi cordial
9 de novembro de 2007
Carlos Varela Fdez.
Secretario/Educador
LAZOS
Comité Cidadán Antisida LAZOS, de Ferrolterra.
C/Fernando VIN, 18 Baixo. C.P. 15403 Ferrol.
Tlfno.981 350 777
Horario de atención ó público
de 10:30 hrs a 13:30 hrs.
Só luns tarde: 17:00 a 19:30 horas.
comite.antisida.lazos@hotmail.com
_________________
Convite para as Xornadas de sensibilización Anti-Sida 2007 quese van realizar en Ferrol os días 28, 29, 30 de Novembro e 1 de Decembro 2007
Estimados/as compañeiros/as:
A Asociación LAZOS-Comité cidadán antisida de Ferrolterra en coordinación coa Escola Universitaria de Enfermería e podoloxía de Ferrol e o Ateneo Ferrolán teñen o pracer de invitarlles ás primeiras xornadas de sensibilización sobre VIH/SIDA "NON CHE QUEDES NAS NUBES" que se celebrarán os próximos 28, 29, 30 de Novembro e 1 de Decembro de 2007 en Ferrol.
Con esta actividade preténdese lanzar unha chamada de atención á poboación xeral, sobre a problemática do VIH, tanto no ámbito local, como autonómico.
O proxecto Non Che Quedes nas nubes (NTQN), é unha acción de sensibilización dirixida á poboación en xeral, onde se pretende dar información relativa á situación epidemiolóxica do VIH e a súa problemática específica.
Diferentes estudos sinalaron que existe unha "baixada de garda" ante a problemática do VIH, sendo un factor de causa esta actitude percibida, a mellora substancial experimentada polas persoas afectadas.
O alto índice de supervivencia que se veu experimentando nos últimos 10 anos, tamén é considerado unha razón máis para confirmar a teoría sobre o descoido na toma de medidas preventivas á hora de manter relacións sexuais, principal vía de transmisión e novos casos, no noso país.
Ás razóns expostas podemos engadir a situación de marxinación, discriminación e rexeitamento que aínda vén as persoas, o cal demanda unha mobilización da sociedade en prol de manifestar a igualdade no trato das persoas con VIH.
Doutra banda involucrouse aos mozos e mozas da cidade, convocando un concurso de relatos curtos sobre VIH/SIDA, cuxo premio outorgar no Ateneo Ferrolán o Venres día 30 de Novembro ás 12:00 da mañá.
O programa de actividades das xornadas "NON CHE QUEDES NAS NUBES" pódeno consultar no local da Asociación, sito na rúa Fernando VIN, 18-Baixo, de Ferrol e no cronograma adxunto.
Para máis información, chamar ao 981 350777 ( local da Asociación ), ó ao 667968807 ( Carlos Varela-Secretario de LAZOS-Comité antisida de Ferrolterra).
__________________
Díptico da xornadas de sensibilización Anti_Sida:


1 comentarios so far
Hola son Carlos Varela de LAZOS, e agradézovos, en nome do colectivo antiSIDA de Ferrolterra, o seguimento que facedes dende a plataforma sobre as actividades que desenrolamos dende a nosa entidade. Asemade felcitarvos pola gran labor que fai a plataforma polo que entendemos xusto e responsavel.
Parabéns e felices festas a todos/as.
saúde e liberdade
Carlos Varela
LAZOS-Comité antiSIDA de Ferrolterra
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon