De: S.O.S Courel -soscourel@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 13 de novembro de 2007 01:00
Asunto: Lei da Minaría para arrasar a Rede Natura
Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel, NIF G27362474
Lei da Minaría de Galicia, tod@s ao Parlamento ¡!!!
Amigas e amigos do Courel;
Se o tedes a ben e se vedes que pode interesar, reenviade este correo aos vosos contactos.
Como proximamente se vai debater no Parlamento de Galicia o “Proxecto da Lei de Ordenación da Minaría de Galicia”:
http://www.parlamentodegalicia.es/Proxectominaria.pdf
Proxecto ao que se presentaron as seguintes emendas por parte de PP, PS de G e BNG (Páxina 4 e seguintes):
http://www.parlamentodegalicia.es/enmendas.pdf
Como este proxecto de Lei, que vai facilitar a tramitación de novas minas, contempla tamén a posibilidade de implantar actividades extractivas en en calquera categoría de solo rústico especialmente protexido (de espacios naturais, paisaxístico, agropecuaria, forestais, augas, costas, infraestructuras, patrimonio, etc); por iso despois de ler o seguinte texto, se estás de acordo, copia co rato entre as dúas liñas de puntos e pégao na seguinte caixa de texto que ofrece o Parlamento de Galicia para a Participación Cidadá:
http://www.parlamentodegalicia.es/Discusion
.................................................
Á Presidenta do Parlamento de Galicia
Mesa do Parlamento
Despois de entregar as máis de 21000 sinaturas en defensa do Courel, dirixidas ao Presidente da Xunta, co encargo de que se lle enviara copia á Presidenta do Parlamento de Galicia, exercemos o noso dereito a lexislar con Vós, no referente ao “Proxecto da Lei de Ordenación da Minaría de Galicia” que deixa á “intemperie” todos os espazos naturais da Galiza e ímolo demostrar paso a paso:
a.- A Lei de Ordenación da Minaría de Galicia, vai ser a primeira lei autonómica de todo o Estado nesta materia e non é como din, para regularizar as explotacións clandestinas existentes, xa que a “máis iposible” de todas, “La Campa_Santa Eufemia”, xa foi autorizada dun “golpe” o 21 de xuño de 2007.
b.- O verdadeiro motivo desta Lei é facilitar a tramitación das novas concesións mineiras e o “asalto” de novas explotacións ao solo rústico especialmente protexido de espacios naturais, paisaxístico, agropecuario, forestal, augas, costas, infraestructuras, patrimonio, etc, a través do Plan Sectorial de actividades extractivas.
Por iso, con esas miras futuras, deixase que siga o trámite das de momento, 54 novas canteiras no Courel, en solo rústico especialmente protexido de espazos naturais. Esta “multitramitación de actividades extractivas” cargadas de “expropiación forzosa”, xa se vai ocupando de ir despoboando o territorio e de disuadir da implantación das actividades económicas alternativas necesarias para o mantemento do patrimonio cultural e natural.
c.- Xa a Lei do Solo, 9/2002, na súa disposición transitoria nº 12 consinte para o futuro e di: “.....A implantación de novas explotacións e actividades extractivas en calquera categoría de solo rústico especialmente protexido (de espacios naturais, paisaxístico, agropecuaria, forestais, augas, costas, infraestructuras, patrimonio, etc) non poderá realizarse en tanto non sexa aprobado definitivamente o correspondente Plan sectorial de actividades extractivas, ao abeiro da Lei de ordenación do territorio de Galicia (Lei 10/1995) ........”
d.- Este proxecto de Lei de ordenación da minaría contempla, no seu artigo 11 e seguintes, a elaboración do “Plano da Minaría de Galicia” que se corresponde co “Plan sectorial de actividades extractivas de Galicia.
e.- As garantías ambientais do “Plan sectorial de actividades extractivas de Galicia” estableceranse por medio de unha avaliación ambiental “a carta”, o mesmiño que se fixo nos plans sectoriais de eólicos, acuícolas, etc; unicamente “literatura de sostibilidade” para saltarse a Lei do Solo.
f.- Así, o único obstáculo ambiental que queda, intentouse eliminar polo artigo 39, punto 4, deste proxecto de Lei, onde o Consello da Xunta, do 21 de xuño de 2007 (o mesmo día que se autorizou a “CE La Campa”) “colou” un apartado polo que “as actividades extractivas” poderían “saltarse” o vixente Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Peligrosas (RAMINP), e sería substituído por unha “avaliación ambiental”. Evidentemente este apartado terá que retirarse da Lei que se aprobe no Parlamento, a menos que queiran contradicir a normativa estatal.
g.- Introdúcese tamén neste proxecto de Lei, a declaración de “concellos mineiros”, tal e como se prevé no artigo 46, por o que a minaría pasaría, a maiores do interese público, a ter tamén interese social nestes concellos. Según este artigo, Folgoso do Courel, con máis do 90% do seu territorio en solo rústico especialmente protexido de espazos naturais, sería declarado “concello mineiro”.
h.- Por todo o anteriormente exposto e para evitar a inseguridade xurídica e de futuro esiximos ao Parlamento de Galicia que se incorpore á esta Lei de Ordenación da Minaría de Galicia a prohibición de tramitar concesións e instalar actividades extractivas en terreos incluídos na Rede Natura e outros espazos naturais, no senso en que obriga a Directiva 92/43/CEE del Consejo, de 21 de mayo de 1992, relativa a la conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, que no último parágrafo do seu artigo 6, di:
“No caso de que o lugar considerado albergue un tipo de hábitat natural e/ou unha especie prioritarios, unicamente se poderán alegar consideracións relacionadas coa saúde humana e a seguridade pública, ou relativas a consecuencias positivas de primordial importancia para o medio ambiente, ou ben, previa consulta á Comisión, outras razóns imperiosas de interese público de primeiro orde.”
Ante a grave desfeita do Courel, un dos espazos de maior biodiversidade e xeodiversidade da Europa, ateigado de hábitats naturais prioritarios e de especies prioritarias, e polo tanto de máximo interese científico-educativo, natural e cultural, valores protexidos expresamente na Constitución do Estado polos artigos 44, 45 e 46; onde a maiores, estase a incumprir gravemente a Normativa Comunitaria que obriga a todos os estados membros; é de esperar que sexa o Parlamento da Galiza o que tome a dianteira na defensa destes territorios e valores tan próximos.
Outono de 2007
...........................
Noticias sobre a declaración de Parque Natural para o Courel:
Según as últimas manifestacións publicas de altos cargos da Xunta, parece ser que nesta lexislatura nin o van intentar. Falan de un prazo de 10 anos para comezar a parar a desfeita, para cando o Courel estea xa arrasado e non queden ninguén para denuncialo.
Por iso, coa axuda de todos, non temos máis remedio que seguir coa loita Social e Xudicial. Xa presentamos dous recursos contencioso-administrativos, un contra a autorización autonómica e outro contra a licencia municipal, outorgadas a “CE La Campa”. Quédanos polo menos, un terceiro recurso contra a licencia de apertura cando se lle conceda.
Quen queira colaborar, pode atopar o noso número de conta en calquera dos seguintes enlaces:
http://www.verdegaia.org
http://www.arredemo.info
http://www.adega.info
http://www.amigosdaterra.net
http://www.elpais.com
http://www.codigocero.com
http://federacionecoloxista.blogsome.com/
http://www.galicia-hoxe.com
http://artabra21.blogspot.com
http://vigo.cidadans.net
http://www.primeiralinha.org
http://blog.falabarato.net
Clica o vídeo galego máis visto na historia da rede.-
Gracias, a Raquel Gamallo, pola montaxe deste vídeo que vai rescatar alomenos un anaco do Courel:
http://www.youtube.com/watch?v=7EienpYjX6o
Todos os artigos do Courel na Rede:
http://firgoa.usc.es/drupal/node/36333
Enlaces con fotos do Courel:
http://fotossoscourel.blogspot.com/
http://soscourelsos.blogspot.com/
Para calquera dúbida, aclaración ou queixa, utilizade o noso enderezo electrónico soscourel@mundo-r.com, ou o teléfono 607 22 58 87.
Gracias por axudar
SOS Courel, 9 de novembro de 2007
____________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
martes, novembro 13, 2007
SOS Courel: Lei da Minaría de Galiza, tod@s ao Parlamento ¡!!!
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan martes, novembro 13, 2007
Tags
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon