luns, decembro 31, 2007

Na lembranza de Xaime Quessada

De: Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 31 de dezembro de 2007 01:24
Asunto: Na lembranza de Xaime Quessada


Na lembranza de Xaime Quessada

Tócanos hoxe mostrar o noso sentimento polo falecemento de Xaime Quessada Porto, artista universal, cuxa inxente obra, en tódalas técnicas e estilos, é expoñente do seu compromiso político e social, e forma parte xa da Historia de Galicia.

O recordo entrañable da súa singular personalidade - afable e solidaria - estará sempre ligado a este Comité Cidadán de Emerxencia, tras aqueles días de abril de 2002, en que tivemos oportunidade de acompañalo mentres realizaba a súa achega, xenerosa e solidaria, plasmada no magnífico mural de 16 x 2,40 m. - doado ao Concello de Ferrol - que expresa a vida e a morte en relación á ilegal e perigosa localización da Planta de Gas no interior de Ría de Ferrol.

Admiración e respecto a quen soubo dedicar a súa arte ao servizo da razón e a liberdade.

Saúdos,

Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
_______________

Mural pintado por Xaime Quessada en apoio ao movimiento opositor á localización da Planta de Gas de REGANOSA dentro da Ría. O mural mide 24m que aquí mostramos en catro seccións clicar acima de cada imaxe para ve-las ampliadas:

[Abril de 2002, Xaime Quessada, para ampliar clicar nas imaxens]

[Para ver o mural completo clicar aquí: Mural de Xaime Quessada]
_______________

O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade:

C/C en BBVA, titular:
Carmelo Teijeiro e outros.
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
0182-0181-59-0201548440

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
Codigo BIC: BBVAESMMXXX
IBAN ES96 0182 0181 5902 0154 8440

**********

TAMÉN SE PODE CONTRIBUIR COMPRANDO RIFAS DE APOIO, PARA UN SORTEO DUNHA CESTA DE ANTROIDO

**********
__________

2 comentarios

O noso amigo e admirado Xaime Quessada Porto, faleceu onte, 30 de decembro, en Ourense, victima de fulminante enfermidade.

Un dos mais destacados artistas plásticos do século XX, lega a Galicia unha extensa obra que abarca todos os estilos e técnicas e é fiel reflexo da súa militancia social e política e da súa personalidade crítica, inconformista e oposta a calquera forma de inxustiza e de opresión.

Colaborador xeneroso coa nosa Asociación e co pobo de Ferrol, a cuxo Concello doou obras en repetidas ocasións - Homenaxe a Julio Aneiros, Mural contra a ubicación da Planta de Gas, entre outras - premiounos coa súa compañía e a súa humana, vital e solidaria amizade.
Para Xaime - un dos bos e xenerosos - gardaremos sempre un recordo imperecedero de gratitude e admiración.
fuco buxán
Asociación Cultural

--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

A Asociacion Veciñal O ROSARIO-INFERNIÑO, tamén sinte a perda de XAIME QUESADA, artista de prestixio interncional e COMPROMETIDO co ideario galego, ademais do medio ambiental coma foi a realización do mural contra a Planta de gas na Praza do Concello.

Lamentamos a perda do intelectual e artista, Xaime Quesada

asdo.Xosé M.Sanxoán - Presidente


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon