De: manuel dominguez
-manudominguez@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 11 de dezembro de 2007 20:24
Asunto: Mofa e befa
Mofa e befa
Nunha clara burla á cidadanía, a Comisión de Honras e Distincións da Deputación da Coruña acordou designar fillo predilecto da provincia ao presidente do Grupo Voz, Santiago Rey, e concederlle a medalla de ouro da institución ao empresario Roberto Tojeiro. A decisión será ratificada polo pleno o próximo venres co acordo unánime de tódolos grupos políticos con representación no órgano provincial: PSOE, BNG e PP.
Do primeiro destácase o seu firme apoio ao desenvolvemento da provincia coruñesa, a súa incondicional defensa dos dereitos dos galegos e o seu compromiso coa democracia, a dignidade humana, a xustiza social e os intereses de Galicia. De Tojeiro saliéntase a súa traxectoria profesional, a capacidade de traballo e a súa “perseveranza no esforzo desde que, aínda sendo moi neno, compaxinaba a súa asistencia á escola coas tarefas no negocio familiar de ultramarinos”.
Fermosa semblanza de dous empresarios que sempre souberon moverse cerca do poder, mostrando unha avidez sen escrúpulos na procura do beneficio propio e xestionando empresas que representan en Galicia a faz máis oscura e despreciábel do capital.
As empresas de comunicación do Grupo Voz, en especial o diario La Voz, foron, desde finais do século XIX, a voz do caciquismo ultramontano, apoiaron sen escrúpulos o réxime franquista e quixeron enmudecer as voces críticas de aqueles que, como Ignacio Ramonet e
Ramón Chao, nunca aceptaron doblegarse ante o poder.
O Grupo Tojeiro é hoxe unha das peores ameazas para a supervivencia da ría de Ferrol e a súa comarca. Favorecido por acordos inconfesábeis coa Xunta de don Manuel, logrou, contra toda razón e dereito, colocar unha bomba de reloxería no corazón da ría.
A vergoñenta entrega destas “distincións” por parte do PSOE e do BNG é outra nova mostra da retorcida deriva que están a seguir en Galicia estes dous partidos e un verdadeiro insulto para todo galego de ben.
_____________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Opinión
Burla á cidadanía na Diputación Provincial da Coruñan: acordan distincións honoríficas a Roberto Tojeiro [Grupo Tojeiro] e Santiago Rey [Grupo Voz]
xoves, decembro 13, 2007
Burla á cidadanía na Diputación Provincial da Coruñan: acordan distincións honoríficas a Roberto Tojeiro [Grupo Tojeiro] e Santiago Rey [Grupo Voz]
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan xoves, decembro 13, 2007
Tags
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
2 comentarios
Santiago, 5 de decembro de 2007
A CIG denuncia a persecución e as ameazas que están a sufrir traballadoras e traballadores por ir nas súas candidaturas
Mobilizacións no Grupo Gadis durante a campaña de Nadal se non rematan as presións contra o persoal
CIG-Comunicación-
cig.prensa@galizacig.com
Suso Seixo, secretario xeral da CIG explica que con esta actitude o Grupo GADISA “está a vulnerar o dereito fundamental á liberdade sindical”, unha situación que se dá precisamente nunha empresa e nun sector como o de comercio e alimentación onde as condicións de traballo son das máis precarias da economía galega. “Certos empresarios non asumen que os traballadores e traballadoras teñen uns dereitos que teñen que ser respectados”. (Foto: galizacig.com 04/12/2007).
A Confederación Intersindical Galega vén de denunciar a “alarmante persecución” da que están sendo vítimas as traballadoras e traballadores que se presentan nas candidaturas da CIG ás eleccións sindicais convocadas para o próximo día 19 de decembro en ECOMÁS, unha das empresas que conforman o grupo GADISA.
A situación xa foi denunciada ante a Inspección de Traballo e o gabinete xurídico do sindicato está a preparar unha demanda por tutela de dereitos fundamentais. A CIG anuncia ademais que, de non mudar a actitude da empresa, iniciará mobilizacións durante a campaña de Nadal.
O pasado 16 de outubro presentábase o preaviso de convocatoria de eleccións sindicais en ECOMAS SL, empresa do sector de comercio e alimentación pertencente ao grupo GADISA, para a que traballan uns 200 traballadores e traballadoras repartidos en 9 centros de traballo na provincia de A Coruña.
Como ocorre en calquera outro proceso destas características a CIG dirixiuse aos diferentes centros de traballo para elaborar as súas candidaturas. Porén, a medida que estas se foron presentando –hai un prazo de presentación previo á proclamación definitiva– e coñecendo os nomes das persoas que as conformaban, comezaron as presións por parte da empresa.
Inacio Pavón, membro da Executiva Comarcal da CIG de Compostela, explica que estas presións non se están a exercer sobre outras candidaturas, só sobre as da CIG, o que está a provocar a renuncia, por medo, das traballadoras e traballadores a participar. Pavón sinala que a persecución da empresa pode exercerse directamente, ameazando ao traballador ou traballadora con medidas disciplinarias ou mesmo co despedimento, ou indirectamente, creando un clima de traballo enrarecido e provocando que sexan as compañeiras e compañeiros quen tratan de convencer aos candidatos e candidatas para que desistan, polas ameazas que estes á súa vez padeceron. “É peor que a peor forma de moobing”, afirma.
Segundo explica Pavón, téñense dado casos nos que as ameazas foron padecidas por familiares ou persoas próximas que traballan na mesma empresa ou mesmo en outras que nin sequera pertencen ao grupo. Unha afirmación que foi corroborada polos presidentes dos comités de empresa de Claudio e de Almacenes Casán, Begoña Martínez e Francisco Juncal, que tamén participaron na rolda de prensa.
Todos estes casos están documentados e foron comunicados á Inspección de Traballo para que actúe de forma inmediata. Alén diso, o gabinete xurídico da CIG está a preparar unha demanda por tutela de dereitos fundamentais para actuar contra a empresa por vía xudicial.
Suso Seixo, secretario xeral da CIG explica que con esta actitude o Grupo GADISA “está a vulnerar o dereito fundamental á liberdade sindical”, unha situación que se dá precisamente nunha empresa e nun sector como o de comercio e alimentación onde as condicións de traballo son das máis precarias da economía galega. “Certos empresarios non asumen que os traballadores e traballadoras teñen uns dereitos que teñen que ser respectados”.
Pola súa banda, o secretario nacional da Federación de Servizos, Paulo Rubido, acusa aos responsábeis da empresa de manter “actitudes fascistas e ditatoriais” e lembra que os ataques aos candidatos e candidatas da CIG “non son casuais, porque non van manter unha actitude dócil e servil diante dos intereses empresariais e van defender os dereitos dos traballadores”.
Rubido anunciou ademais que a CIG non se limitará a actuar vía xudicial ou a agardar pola resposta da Inspección de Traballo e manifestou que “avisamos á empresa que se quere desfrutar dun Nadal tranquilo ten que cesar coas presións”.
O secretario nacional da Federación de Servizos lembrou tamén o contido social da recente campaña de GADIS, da que se fixeron eco os medios de comunicación e propuxo ao grupo que “se quite a careta e cambie a letra para que se acomode máis á realidade: “Vivamos como escravos”, na vez de “Vivamos como galegos”.
Informacións relacionadas
--------------------------------------------------------------------------------
31/05/2007 Con 7 delegados, obtén unha histórica vitoria, sobre todo polas difíciles condicións nas que se desenvolveu todo o proceso
A CIG gaña as eleccións sindicais en Supermercados Claudio
25/05/2007 Os integrantes da lista da central sofren ameazas de despedimento, de cambios de tenda, horarios e quendas
A CIG consegue, pese á represión, presentar candidatura en Supermercados Claudio na provincia coruñesa
19/05/2007 A empresa coacciona os candidatos do sindicato en Supermercados Claudio para que renuncien a presentarse ás eleccións
Membros da CIG encadéanse na porta dun Gadis coruñés
Tojeiro recibe el premio a la Empresa Familiar
http://www.elidealgallego.com/servlet/ContentServer?pagename=OpenMarket/Xcelerate/Render&inifile=futuretense.ini&c=CSINoticias&cid=1195817561031&t=NoticiaCompleta&edicionnav=1028218396342
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon