O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, nunha reunión celebrada hoxe, ante o anuncio dunha proxima chegada dun novo buque gaseiro, cargado con GNL, para a ilegal e perigosa REGANOSA, convoca unha nova concentarción, no Porto de Ferrol, o vindeiro venres, 1 de febreiro, ás 11 da mañá.
Como outras veces, a concentración vai ser sonora, polo que se prega que levemos as cacerolas e outros elementos de percusión.
Despois da Concentración no Porto desprazaremo-nos até o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, diante da Praza da Porta Nova [Praza de España].
Características do buque: LNG SOKOTO, Bandeira de Bermudas, Eslora: 288,75 m. Manga: 48 m.
A planta de Reganosa dende a súa entrada en funcionamento en probas o pasado mes de maio, converteuse pola entrada de gaseiros cargados na Ría, nunha ameaza real para a vida de miles persoas; para a riqueza marisqueira e o emprego; o patrimonio e o potencial turístico da Ría de Ferrol.
O pasado 7 de Novembro a Area de Industria e Enerxía de A Coruña, dependente do Ministerio de Industria, aprobou a Acta de Posta en Servicio da Planta, que o Comité Cidadán ten recorrido por canto Reganosa non ten acreditada a solución os condicionados da súa licencia de construcción, entre eles, o da distancia suficiente ata as poboacións según require o artigo 12 da Directiva 96/82/CE (Seveso II), incumplindo tamén os 2000 m que require o RAMINP. Outro requisito tamén imposible de resolver é a saida dos gaseiros nunha situación de emerxencia durante unha descarga ou no seu tránsito polo interior da Ría, según a norma EN-1532.
O Goberno Central ten a competencia e a oportunidade de paralizar a actividade de Reganosa sin ter que pagar indemnización algunha,en base os condicionados que non ten cumplimentados e que ademais son imposibles de resolver dentro da Ría. É por iso que reclamamos do Ministerio de Industria que revoque a Acta da Posta en Servicio de Reganosa.
O Tribunal Superior de Xusticia de Galicia pronunciouse a través de dúas sentencias que anulan a tramitación medioambiental de Reganosa, recorridas ante o Tribunal Supremo por Reganosa e a Xunta de Galicia, estando pendentes de que sexan ratificadas. Están admitidos a trámite por diferentes Tribunais, 12 contenciosos. Asemade foron presentadas sendas denuncias no mes de Novembro diante da Comision da Competencia, Medioambiente e Comision de Peticións do Parlamento Europeo.
O CCE, seguirá promovendo iniciativas tanto de orde xurídica, administrativa, de sensibilización, e de mobilización social ata acadar paralizar a ameaza de Reganosa, antes de que ocorra unha catástrofe que poida provocar miles de vítimas.
_______________
Desde a Plataforma Ártabra 21, secundamos a convocatoria do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e chamamos a participar o vindeiro venres, 1 de febreiro, na concentración convocada, ás 11 da mañá no Porto de Ferrol e despois ante o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.
________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon