sábado, xaneiro 05, 2008

Facendo fronte ás campañas reaccionarias contra os direitos das mulleres

Tags

De:lupe ces -lupeces@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 4 de janeiro de 2008 09:01
Asunto: Sobre o Aborto


Aborto

Prezadas amigas e amigos, a Federación Estatal de Planificación Familiar, está fazendo umha campanha de recolhida de assinaturas apoiando um texto onde se lembram e reivindicam direitos importantíssimos conquistados hai moi pouco tempo e que parece que se estám ponhendo em dúvida, mesmo por médios de comunicaçom, ou nom estám a ser defendidos coa suficiente energia polas administracións. O Parlamento Galego aprovou, a iniciativa da parlamentária do BNG Ana Ponton, solicitar ao Governo Espanhol que cambie a lei de supostos por umha lei de prazos e garantice o direito na sanidade pública. Isto passava em Novembro, desde aquela som múltiples as novas relacionadas coa ofensiva mais reaccionária contra este direito. A mais grave, as ameaças de morte e agressons contra a feminista de Madrid, Victoria Virtudes Fernández. Por isso vos convido a assinar esta iniciativa da Federación Estatal de Planificación Familiar. As que somos mais velhas, e tivemos que ir abortar a Portugal, mesmo em condiçons precárias, sabemos que este direito, nom só afecta à nossa liberdade sexual e reproductiva, senom que é causa da morte de muitas mulheres no planeta quando se vem forçadas a abortar em condiçons precárias. Nem um passo atrás!

http://www.fpfe.org/firmas.asp

Lupe Ces

--
Lupe Ces Rioboo
981946412/652201003
http://lupeces.blogspot.com/

--


CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE FIRMAS PARA ESIXIR A PROTECCIÓN INMEDIATA E A DEFENSA DOS DEREITOS INDIVIDUAIS DAS PERSOAS, EN PARTICULAR DOS DEREITOS SEXUAIS E REPRODUTIVOS QUE COMO CIDADÁNS E CIDÁS CORRESPÓNDENNOS
_______________

Carta dos Dereitos Sexuais e Reprodutivos

Dereito á Vida, a vida de ningunha muller pode ser posta en perigo por causa de embarazo ou parto.

Dereito á liberdade e Seguridade da Persoa, ningunha muller debe ser obxecto de prácticas como a mutilación xenital feminina, o embarazo forzado, a esterilización ou o aborto forzado.

Dereito á igualdade e a estar libres de todas as formas de discriminación, incluíndo o ámbito da vida sexual e reprodutiva.

Dereito á Privacidade, todos os servizos de saúde sexual e reprodutiva deben ser confidenciais.

Dereito á Liberdade de Pensamento, nas cuestións relativas á sexualidade e a reprodución.

Dereito á Información e á Educación, incluíndo o acceso a unha información completa dos beneficios, riscos e efectividade dos metodos de planificación familiar.

Dereito a optar por contraer matrimonio ou non e a formar e planificar unha familia, ningunha muller pode ser obrigada a contraer un matrimonio contra a súa vontade.

Dereito a decidir ter fillos ou non telos e cando telos, garantindo o acceso das persoas a métodos efectivos de anticoncepción.

Dereito á Atención da Saúde e á Protección da Saúde, que inclúe o dereito á non ser obxecto de prácticas tradicionais que sexan prexudiciais para a saúde.

10º Dereito aos beneficios do Progreso científico, incluíndo as técnicas apropiadas en saúde reprodutiva.

11º Dereito á liberdade de reunión e asociación, que inclúe o dereito a sensibilizar aos Gobernos para que prioricen a saúde e os dereitos sexuais e reprodutivos.

12º Dereito a non ser obxecto de tortura ou malos tratos, incluíndo os dereitos de mulleres, homes e mozos a ser protexidos da violencia, a explotación sexual e os abusos sexuais.

IPPF - International Planned Parenthood Federation

Federación Internacional de Planificación da Familia
4 Newhams Row, London, SE1 3UZ, Tel: +44 (0)20 7939 8200
__________________

Relacionadas:

___________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon