martes, febreiro 26, 2008

O Complexo químico-industrial e de xestión de residuos, veciño de REGANOSA, solicita a Autorización Ambiental Integrada

O colectivo Ferrol-CAPE advirte-nos dun anuncio publicado hoxe no DOG, pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que esta notifica que se somete a información pública a solicitude de Autorización Ambiental Integrada, para a instalación de fabricación de formol, colas e resinas; xestión de residuos de Marpol; coxeneración e recepción, almacenamento e distribución de hidrocarburos, en Punta Promontorio, no concello de Mugardos xunto á planta regasificadora de REGANOSA, promovida por Forestal del Atlántico, S.A., empresa do Sr. Tojeiro que conforman xunto a IMEGASA un perigoso complexo químico - industrial e de xestión de residuos [MARPOL].

A Autorización Ambiental Integrada consiste basicamente nun permiso único que establece un condicionado ambiental para o inicio ou continuidade das actividades industriais contempladas no seu ámbito de aplicación. Establece ademais un enfoque integrado no procedemento de autorización, esixindo a plena coordinación administrativa dos organismos implicados na súa concesión.

Esta Autorización Ambiental Integrada que solicitou Forestal del Atlántico, S.A. é unha resolución do órgano competente da Xunta de Galicia, pola que se permite, aos efectos da protección do medio ambiente e da saúde das persoas, explotar a totalidade da instalación baixo as actuais condicións destinadas a garantir que a mesma cumpra o obxecto e as disposicións da Lei 16/2002 de Prevención e Control Integrados da Contaminación. [Concreción Lexislativa da Directiva 96/61/CE, do Consello, de 24 de setembro, relativa á Prevención e ao Control Integrados da Contaminación, no Estado Español] Con isto pretende-se validar a continuación da actual explotación do complexo químico-industrial e de xestión de residuos [MARPOL] baixo un só permiso de avaliación ambiental.

Máis adiante continuaremos informando deste asunto máis compre, desde xa que colectivos sociais e veciñais, así como as organizacións ecoloxistas tomen nota e consulten a documentación que está exposta no Concello de Mugardos para preparar as correspondentes alegacións ao perigoso despropósito químico-industrial e de xestión de residuos altamente contamibnantes que xunto a REGANOSA son unha bomba de reloxería que ameaza á Ría e a nosa seguridade e vida.

Diario Oficial de Galicia
martes, 26 de febreiro de 2008
DOG nº 40


CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

Anuncio do 4 de febreiro de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para a instalación de fabricación de formol, colas e resinas; xestión de residuos de Marpol; coxeneración e recepción, almacenamento e distribución de hidrocarburos, no concello de Mugardos (A Coruña), promovida por Forestal del Atlántico, S.A. Clave 2006/0349_NAA/IPPC.

Versión completa da disposición nun arquivo pdf: - 04000D053P060.PDF

Verxión completa da disposición numha imaxe en formato jpg: Marfol.jpg
_____________

Información na web da Xunta de Galicia

Normativa básica de Autorización Ambiental Integrada
___________

Marco legal básico de autorización ambiental integrada:

Lexislación europea:

Lexislación estatal:

Lexislación autonómica:

___________
[Para ampliar clicar acima da imaxe]
_________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon