VIOLENCIA MACHISTA
Por Luis Álvarez Pousa
lapousa@axornalistas.com
28.02.2008
Catro mulleres asasinadas con só seis horas de diferencia. Causa arrepío. Hai leises, a do Estado e a de Galicia, que intimidan e cercan aos violentos, e hai tamén unha progresiva toma de conciencia sobre as causas desta lacra social. Pero polo que se ve non son suficientes para deter esa sangría. Cortala de raíz é un obxectivo que se nos resiste. O que demostra que non é só con ameazas de cárcere ou de discriminación como os instrumentos do estado de dereito poden frear esta bestialidade. Algo máis profundo está detrás. Algo que está incrustado no lado oscuro da sociedade, e que forma parte dun sistema de relacións de poder no que ás mulleres lles tocou a peor parte. Malia os avances, seguimos recoñecendo a diario múltiples manifestacións que teñen no modelo patriarcal de sociedade o seu principal alimento.
Mentres non erradiquemos esa fonte de violencia, non será posible liberar ás mulleres dese pesadelo. Requírese unha viraxe radical da escala de valores na que asentou a priorización histórica do rol masculino sobre o feminino. Nunca como agora estiveron a información e o saber tan democratizados. Nunca o acceso a eles foi tan amplo, producindo así uns moi altos niveis educativos e culturais en sociedades nas que, paradoxalmente, seguen albergando no seu seo casos tan crueis como o destas catro mulleres asasinadas con escasas horas de diferencia. Non tiñamos que baixar a garda. Por máis que as cifras oficiais nos alegren a vida ca día facéndonos crer que vivimos no mellor dos mundos, hai que desconfiar. A perspectiva androcéntrica permanece activada no corazón das sociedades opulentas. As conclusións dun estudo recente apuntaban unha escalofrinate porcentaxe: unha de cada tres mulleres acabarán sendo nalgún tramo das súas vidas vítimas da violencia de xénero. Sen excesivas diferencias na comparación entre as mulleres do primeiro e do terceiro mundo.
Hai esixencias de máis recursos para impedir que os violentos consumen os seus crimes. E tamén de medidas aínda máis coercitivas. Axustar todo o relacionado coas medidas integrais dirixidas á sensibilización e á prevención, é prioritario. Pero en paralelo cun gran pacto social. Cos medios de comunicación á cabeza. Deles dependerá en boa medida que ese pacto se nutra dos valores (igualdade, solidariedade coas vítimas, non discriminación por razóns de sexo?) que han servir de antídoto fronte aos contravalores nos que a violencia machista ten o seu sostén.
O Autor na Galipedia
O Autor na web do Colexio profesional de Xornalistas
O Autor é xornalista, profesor de universidade, escritor, ... e director da Revista Tempos Novos
_____________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
xoves, febreiro 28, 2008
Violencia Machista
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan xoves, febreiro 28, 2008
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon