xoves, marzo 13, 2008

Acto de Protesta en Ferrol ante a entrada na Ría do 16 buque gaseiro LNG Abuja, para a ilegal e perigosa REGANOSA [12.03.2008]

[Foto do CCE - comitecidadan.org]

Como estaba previsto o LNG Abuja, buque gaseiro cunha antigüedade de máis de 28 anos e un sinfín de amaños "Sideroquirurxicos" no seu casco e maquinaria, mesmo catro deles nos asteleiros ferroláns, entrou na Ría coa súa perigosa carga para REGANOSA. Con este son 16 os buques que levan entrado na Ría cargados con GNL [Gas Natural Liquado], poñendo en perigo a seguridade e a vida das miles persoas que aquí traballamos e vivimos.

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, como é habitual, convocou un acto de protesta. Desta vez como a anterior, o acto non tivo lugar no Porto de Ferrol, senón ante o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, con posterior marcha pola rúas de Ferrol até chegar á Praza do Concello. Onde se lle demandou ás autoridades municipais que cumpran coa súa responsabilidade de protexer á poboación do despropósito gasístico que ameaza a nosa vida e seguridade que leva verquido ao mar millóns de metros cúbicos de auga enfriada, morta e clorada, deteriorando a vida mariña e a riqueza marisqueira da nosa Ría.

Cen persoas participamos no acto de protesta, non debemos baixar a garda, polo que debemos recuperar a mobilización cidadán como un xeito importante de exteriorizar a oposición a ese complexo gasístico, construído grazas á corrupción e complicidade institucional e política.
____________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon