A Conferencia "O Mundo Contra a Guerra" chama por manifestacións globais contra a guerra 1.200 delegadas e delegados, de movementos pola paz e contra a guerra de todo o mundo, reuníronse en Londres o 1 de decembro e acordaron impulsar manifestacións no 5º aniversario da invasión de Iraq, esixindo a retirada de todas as tropas estranxeiras de Iraq e Afganistán, e contra calquera ataque a Irán.
Declaración da conferencia : "O Mundo Contra a Guerra"
Declaración acordada por 1.200 delegados de 26 países, asistentes á conferencia O Mundo Contra a Guerra, sábado 1 de decembro de 2007:
Esta conferencia de delegadas e delegados de movementos pola paz, contra a guerra, antiimperialistas e de liberación, de todo o mundo, declara a súa oposición á "guerra sen fin" levada a cabo polo goberno estadounidense contra Estados, pobos e movementos en todo o noso planeta.
Opómonos á interferencia de EEUU, e dos seus aliados, en Estados soberanos, e afirmamos o dereito á autodeterminación de todos os pobos. Apoiamos a todos os que loitan pola paz e contra o imperialismo.
En particular, esiximos:
- O fin inmediato da ocupación militar ilegal de Iraq, que causou centenares de miles de mortos e produciu o desprazamento de millóns de persoas, a retirada de totes lles tropas estranxeiras e a plena transferencia de soberanía ao pobo iraquí e aos seus representantes.
- Que paren todos os preparativos para un ataque a Irán, así como o compromiso de que se solucione calquera tema exclusivamente mediante a diplomacia.
- A retirada das tropas estranxeiras de Afganistán, permitindo ao pobo afgán decidir o seu propio futuro.
- para o pobo palestino, e o final da agresión israelí en todo Oriente Medio.
- O fin dos plans de EEUU respecto de escudos anti mísiles, e que todos os Estados promovan activamente o desarmamento nuclear.
Xa que logo, designamos o aniversario da invasión de Iraq como un día mundial de acción a favor das demandas NINGÚN ATAQUE A IRÁN e TROPAS FÓRA DE IRAQ/AFGANISTÁN.
Chamamos a todos os movementos antiguerra nacionais a convocar protestas e manifestacións masivas para este día.
_______________
The World Against War
_____________
_____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon