mércores, abril 16, 2008

O BNG solicita a retirada do prego de vixilancia para as dependencias municipais

De: Xosé Manuel Pazo Blanco -manolopazo@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de abril de 2008 20:39
Asunto: O BNG solicita a retirada do prego de vixilancia para as dependencias municipais


O BNG solicita a retirada do prego de vixilancia para as dependencias municipais

O grupo municipal do BNG no Concello de Ferrol esixiu, novamente esta mañá, a retirada do prego de prescripcións técnicas para a contratación do servizo de vixilancia das dependencias municipais por atentar contra a liberdade dos e das cidadáns.

O BNG considera que a proposta do goberno local contrariamente ao que afirma a edil de seguridade, Sandra Ríos, non unifica ningún servizo. Trátase dunha proposta ambiciosamente privatizadora que vai mudar persoal municipal por unha empresa privada. Ademais, só dúas dependencias das oito ofertadas teñen contratado, na actualidade, algún servizo de custodia privada.

Faise preciso unha rectificación do goberno local por presentar un prego que recolle no seu articulado funcións que supoñen unha vulneración dos dereitos fundamentais. Sandra Rios, edil de seguridade, debe dar unha explicación pública de porque o goberno , PSOE-IU, promove a vixilancia de "estraños e sospeitosos" un tema que escapa das competencias municipais e significa poñer en entredito a calquera persoa polo seu aspecto,

Consideramos totalmente inxustificábel as funcións que se lle encomendan a empresa que resulte adxudicataria pois significa poñer en mans privadas a seguridade cidadá.

O BNG considera que existen numerosos exemplos de concellos que atenden os mesmos servizos con persoal propio polo que insta ao goberno local a reconsiderar a súa decisión de sacar a concurso este prego.

Ferrol a 16 de abril de 2008

Grupo Municipal do BNG no Concello de Ferrol

--
Xosé Manuel Pazo Blanco
__________

Enlaces Relacionados:

O CONCELLO PRETENDE PRIVATIZAR UN SECTOR DO SERVIZO MUNICIPAL DE VIXIANCIA QUE ATÉ O DE AGORA VIÑA DESEMPEÑANDO A POLICIA LOCAL.-

_______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon