xoves, abril 17, 2008

xornadas "agrocombustibeis a debate"- 3ª Xornada, Venres, día 18 de abril

De: noe -olaolaoola@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 16 de abril de 2008 23:58

Asunto: xornadas "agrocombustibeis a debate"- sexta-feira, día 18 de abril



Boas!!

Este venres temos a terceira xornada sobre os agrocombustibeis, ás 6 do serán no salón de actos do Vicerreitorado, no Campus de Esteiro (no 1º edificio a man dereita, entrando dende o pabillón).

Imos contar con con Antonio Dorado (Xefe da Área de Renovabeis do Instituto Enerxético de Galicia), Tom Kucharz (xornalista e investigador social, membro de Ecoloxistas en Acción), e Alejandro Arizkun Cela (profesor titular no Departamento de Economía da Universidade Pública de Navarra). Aquí tendes máis detalles.

Son totalmente de balde, e NON hai que facer inscrición, nen nada, para asistir e participar!!
Gostarianos que botasedes unha ollada ao blogue da mesa, porque as organizazóns internacionais comezan a se desdicer...

3ª xornada, 18 de abril

18:00 h: Antonio Dorado, (Xefe da Área de Renovabeis do Instituto Enerxético de Galicia). Posibilidades de utilización das fontes enerxéticas renovabeis no medio rural. Axudas.
18:45 h: Tom Kucharz (xornalista e investigador social, membro de Ecoloxistas en Acción): Xeopolítica, crise enerxética e agrocombustibeis. Para loitar contra o Cambio Climático necesitamos Decrecimento Económico.

19:30 h: Alejandro Arizkun Cela (profesor titular no Departamento de Economía da Universidade Pública de Navarra): Os límites da substitución de fontes enerxéticas para a sostenibilidade: os agrocombustibeis.
20:15 h: Coloquio.

4ª xornada, 25 de abril

18 h: Audiovisual 1.
19 h: Audiovisual 2.
20 h: Coloquio e ágape con produtos ecolóxicos.

Máis información sobre esta andadura en:
www.agrocombustibeisadebate.blogaliza.org

Pregamos difusión, graciñas!!

Saúdos.
(Noelia)

¿Por qué organizamos estas xornadas?

A actual situación de crise enerxética e ambiental obriga a unha reestruturación de todo o sistema económico e, por tanto, político e social, tomándose para iso medidas como a substitución de enerxías baseadas en combustibeis fósiles por renovables que, en principio, semellan aceptabeis, pero que, se non se levan adiante análises serias sobre as súas repercusións, poden acarrexar consecuencias imprevisibeis, e ás veces fatais para o futuro da humanidade.

Aínda que a crise fora xa anunciada por persoas do ámbito científico e ambientalista dende hai mais de dúas décadas, non se tomaron as medidas precisas e no momento actual os problemas acadan unha envergadura desmesurada e afectan a moi diversos ámbitos: escaseza e carestía de combustibles, contaminación, quentamento global, seguridade alimentaria, desaparición de acuíferos, que nalgúns casos abastecen importantísimas zonas de produción cerealística, etc.
Neste contexto córrese o risco de tomar medidas precipitadas sen analizar todas as posibles consecuencias que orixinarían. Por outra banda, existe o risco da aparición de certos lobbys asociados a grupos empresariais coa única finalidade de sacar beneficios económicos a esta situación, sen considerar as posibles consecuencias negativas das súas operacións.

A Mesa “Agrocombustibeis a debate” formouse hai xa mais de tres meses co obxectivo de analizar esta problemática, utilizando como método o estudo con base bibliográfica, o debate e a toma de posturas consensuadas, co obxectivo de proporcionar información á cidadanía e denunciar aqueles casos nos que se infrinxa dano ao medio ambiente ou á seguridade alimentaria das persoas.

Co mesmo obxectivo formativo vímonos na necesidade de abrirse a novos colectivos, promovendo un debate social a partir dunhas xornadas impartidas por persoas cualificadas e con profundo coñecemento das custións que o problema plantexa: seguridade alimentaria, danos medioambientais, balance final dende o punto de vista enerxético do emprego de agrocombustibeis, posibilidades produtivas para Galiza, mantemento e agudización das desigualdades nos intercambios comerciais entre países, etc.

________________

Enlace relacionado:

4 de abril de 2008 comezan as xornadas "Agrocombustibeis a debate" en Ferrol
________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon