De: Comité Cidadán de Emerxencia -comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de maio de 2008 09:23
Asunto: Nota de prensa do CCE ante a posible ubicación da Celulosa na nosa Ría
Diante das noticias recollidas nos medios de comunicación segundo as cales, unha serie de empresarios xunto a Empresa Nacional de Celulosas faríanse co control de complexo industrial de Ence en Pontevedra e pretenderían recolocalo noutros lugares, citando entre outros ao Porto Exterior de Ferrol. Diante isto, o CCE manifesta:
Amosar o noso apoio a Plataforma en Defensa da Ría de Pontevedra como así o fixemos acudindo a pasada mobilización, para esixir o traslado de Ence e denunciar os atrancos a este compromiso da Xunta de Galicia. Unha longa loita a desenvolvida pola Plataforma, que a pesar dos atrancos abrirase paso, para por fin acadar a recuperación da Ría de Pontevedra como patrimonio de todos.
Na Ría de Ferrol está a se acometer a maior agresión medioambiental neste pais coa a planta de gas de Reganosa, instalada ilegalmente e en funcionamento dende fai un ano, que ameaza a vida de miles de persoas, a Ría e o Patrimonio. Os promotores de Reganosa pretenden agora ampliar a capacidade de regasificación e a Autoridade Portuaria a voadura da canle de entrada, a pesares da súa inutilidade, pos os gaseiros nunca poderán cumprimentar a normativa de emerxencia dentro da Ría de Ferrol.
As novas recollidas nos medios nestes días relativas ao posible emprazamento da celulosa de Ence no Porto Exterior de Ferrol, os silencios institucionais, cando non as advertencias a "discrecionalidade", poñen de manifesto que a política depredadora levada a cabo por e para beneficio dunha minoría, só pode materializarse coa complicidade institucional, tal e como vemos a cotío no acontecido na Ría de Ferrol o longo dos últimos anos.
O CCE denuncia esta política encamiñada a sacrificar a Ría de Ferrol, segundo o guión establecido no ano 97 no libro promovido pola Xunta de Fraga e titulado "Elementos para unha ordenación integral dos usos do medio litoral de Galicia", e chama a toda cidadanía de Ferrolterra a dicir basta , acudindo a manifestación do próximo día 8 de xuño as 12h que sairá do Porto de Ferrol para defender a vida, a Ría e o Patrimonio, impedir a materialización das novas ameazas e esixir a paralización de Reganosa.
Ferrol a 20 de Maio de 2008
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
__________
Enlace Relacionado:
Argumentario que fai chegar o BNG aos Portavoces Municipais sobre a polémica do traslado da Celulosa de Pontevedra [ENCE - ELNOSA]
___________
_________
Boletín nº 14 do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
http://na-defensa-da-ria-de-ferrol.blogspot.com/
____________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Celulosa
Reganosa
O Comité Cidadán de Emerxencia ante a posible localización da Celulosa na nosa Ría
mércores, maio 21, 2008
O Comité Cidadán de Emerxencia ante a posible localización da Celulosa na nosa Ría
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan mércores, maio 21, 2008
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon