mércores, xuño 04, 2008

Ante a chegada dun novo buque gaseiro, cargado con GNL para REGANOSA, o Comité Cidadán convoca unha Concentración en Ferrol, este Venres 6 de Xuño

Tags

De: Comité Cidadán de Emerxencia
Para: artabra21@gmail.com
Data: 4 de junho de 2008 19:00
Asunto: Roda de Prensa dia 5, e Concentración día 6



Urxente !!

  • Rolda de Prensa día 5 de Xuño, ás 12 do mediodía, no salón de Recepcións do Pazo Municipal de Ferrol
  • Concentración día 6 de Xuño, ante a chegada dun novo gaseiro, para a ilegal e perigosa REGANOSA

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, Convoca aos Medios de Comunicación, a unha RODA DE PRENSA Xoves 5 de Xuño, ás 12 horas no Salón de Recepcións do Pazo Municipal de Ferrol para informar sobre:
________________

Asemade, ante o anuncio da entrada na Ría do 21º Gaseiro cargado de GNL para Reganosa

O Comité Cidadán de Emerxencia
Convoca
Venres, 6 de Xuño, ás 19 horas
CONCENTRACIÓN CACEROLADA
Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol
e posterior MANIFESTACIÓN até o Concello,
onde están pechad@s membros do CCE.

Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!



Situación do Buque en navegación polo Atlántico
[Actualizandose]:

http://www.sailwx.infoposition

Características do buque:
Longueur: 288,75 m
Largeur: 48,00 m
Tonnage brut: 114 354 ums
Port en lourd
Tirant d' eauété: 12,30 m
Tirant d' air max: 53,00 m
Propulsion: Turbine
Puissance: 31 500 kW
Vitesse: 19 nds
N° IMO: 9216303
Pavillon: Bermuda
LGN: 60.000 T.
Nunha reparación en Brest [Bretaña] Estado Francés
http://www.marine-marchande.net/LNGRivers
___________________
Comunicado de apoio:


A Rede Galiza Non Se Vende [RGNSV], expresa o seu apoio á manifestación convocada para o 8 de xuño polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol



____
Un momento do peche no Concello de Ferrol

[Clicar acima da imaxe para ampliar]

Transcribimos a noticia publicada pola Axencia Europa Press:

Os opositores a Reganosa encerrados en Ferrol ven o Plan de Emerxencia Exterior de "lavado de imaxe" e "tapadeira"
Insisten en demandar ao alcalde ferrolán que se sitúe en contra da planta de gas situada na ría

FERROL, 4 Jun. (EUROPA PRESS) -

Os opositores á planta de gas de Reganosa que secundan o peche no Concello de Ferrol convocado polo Comité Cidadán de Emerxencia para Ría de Ferrol (CEE) manifestaron hoxe o seu rexeitamento ao Plan de Emerxencia Exterior da planta de gas, por considerar que se trata só de "un lavado de imaxe" e unha "tapadeira" que trata de "encubrir" o perigo que entenden que supón a instalación.

Por segundo día consecutivo, unhas quince persoas continuaron cun peche co que piden ao alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri (PSDEG), que se pronuncie en contra do funcionamento de Reganosa na súa localización o interior da ría, na localidade de Mugardos, en fronte do porto ferrolán.

Os membros do Comité aseguran que ao perigo da localización da planta de gas a menos de dous quilómetros da poboación, súmanse agora novas ameazas, como o transporte de gas natural licuado en camións cisterna, o aumento aprobado da capacidade de produción, ou a voadura da canle de entrada da ría que prevé o Porto para facilitar o acceso dos gaseros.

RISCOS NON EVITABLES

Ante esta situación, aseguran de que o Plan de Emerxencia Exterior (PEE) non pode evitar os "riscos" para a poboación que se poderían producir no caso de que se rexistre unha emerxencia en Reganosa. O PEE, publicado no Diario Oficial (DOG) de Galicia o pasado 31 de xullo, comeza agora a ser explicado aos veciños de Mugardos e hoxe foi presentado ante os medios de comunicación na Coruña.

Rafael Pillado, portavoz do Comité, resaltou que o PEE "é sinxelamente un lavado de imaxe, é vender seguridade entre comiñas, xa que en caso de accidente en Reganosa, só se recollerían mortos e feridos". "É unha falsidade" e "unha tapadeira" para "encubrir" o perigo da planta de gas, concluíu.

Os membros do Comité, que desde 2001 rexeita a localización de Reganosa en Mugardos por considerar que supón unha "ameaza" para a poboación, reclaman co seu "peche indefinido" no Concello, que o alcalde, o socialista Vicente Irisarri, reclame o traslado da instalación ao exterior da ría.

O Comité censura que o alcalde admita en diversas reunións que Mugardos non é a mellor localización para Reganosa pero que con todo "non tome a decisión de reclamar a saída da planta de gas". "É unha contradición", subliñou Pillado, "é coma se ante a colocación dunha bomba, un mira para outro lado porque xa está colocada".

Os membros do colectivo veciñal anuncian que continuarán co seu peche de forma indefinida, nesta semana na que se celebra o Día Mundial do Medio Ambiente, e na que está previsto que realicen unha manifestación de protesta o vindeiro domingo 8 de xuño na cidade, ante as "novas ameazas" que xorden na ría de Ferrol, tanto vinculadas a Reganosa como á localización de Ence que se baralla para a localidade próxima das Pontes.

A planta de gas de Mugardos comezou a operar en fase de probas en maio de 2007 e foi autorizada para o seu funcionamento comercial polo Goberno o pasado mes de novembro. Desde entón, xa atracaron nos peiraos de Reganosa máis de 20 buques gaseros.

APOIOS POLÍTICOS

Desde o Goberno municipal, o grupo de Esquerda Unida-Esquerda Unida, en coalición co Partido Socialista, manifestou a súa "solidariedade" e o seu "apoio máximo" tanto ao peche como ás "lexítimas" reivindicacións do Comité. A primeira tenente de alcalde, Yolanda Díaz, insistiu hoxe en que a formación política entende que a planta de gas "é un risco para a poboación", para "o medio ambiente" e "un auténtico dislate".

Tamén desde a formación de Independentes por Ferrol, o seu portavoz, Juan Fernández, manifestouse hoxe en apoio aos veciños. "Seguimos dicindo de forma clara e contundente que hai un risco adicional innecesario, porque a planta tería que estar no porto exterior", declarou.

Enlace coa noticia orixinal
____________________

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Manifestación desde o Porto de Ferrol
8 DE XUÑO, ÁS 12 DO MEDIODÍA

Blog solidario coa veciñanza de Meá

Descarga o PDF do Boletín nº14

http://na-defensa-da-ria-de-ferrol.blogspot.com/

_____________

1 comentarios so far

URXENTE : NOVA DATA DA CONCENTRACIÓN CONVOCADA POLO CCE

Debido ao cambio na data de entrada do gaseiro LGN River, que terá lugar previsiblemente o próximo sábado 7 de Xuño, trócase a convocatoria prevista para o venres, para ese día, ante o anuncio da entrada na Ría do 21º Gaseiro cargado de GNL para Reganosa

O Comité Cidadán de Emerxencia
Convoca
Sábado, 7 de Xuño, ás 19 horas
CONCENTRACIÓN CACEROLADA
Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol
e posterior MANIFESTACIÓN até o Concello,
onde están pechad@s membros do CCE.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon