xoves, xuño 26, 2008

A Asociación Cometa solicita colaboración

Tags

De: Asociación Cometa -correo@asociacioncometa.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 25 de junho de 2008 18:04
Asunto: Repartición de carteis




Repartición de carteis

Ola a tod@s, mañá e pasado mañá pola tarde vanse a colocar os carteis da estrea gratuíta da película Animal no Ateneo Ferrolán, así como carteis de Cometa co cachorro perdido e os animais en adopción. Para iso necesitamos voluntari@s de forma que nos repartamos por grupos e zonas. Cantos máis sexamos máis pequenas serán as zonas e antes acabaremos, así que animarvos e sede solidarios, ademais podedes traer amigos, familiares, coñecidos,..., non é necesario ser socio para colaborar.

Podedes porvos en contacto, canto antes mellor, respondendo a esta dirección de correo electrónico ou por teléfono a 617 040 992 / 679 108 490, xa que necesitamos saber a vosa dispoñibilidade horaria e o día que podedes. En principio organizariámonos no local de tenis de mesa do Clube Narón en Santa Cecilia, Narón, calquera dos dous días, e xa se entregan os carteis impresos. O horario dependerá un pouco de vós, intentaremos buscar unha hora que nos veña ben a todos.

Un saúdo, esperamos vervos,

Asociación Cometa

Para mais información:

Asociación para un Comportamento Ético cos Animais COMETA

r/Manoel Antonio, 4-1º Narón

Tlfno. 617 040 992

correo@asociacioncometa.com

www.asociacioncometa.com
____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon