Este Martes, 24 de Xuño de 2008, entraba na Ría de Ferrol, pola mañá, en pleamar diurna [non o pode facer doutro xeito], un novo buque gaseiro, o LNG BONNY que fai o número 23, cargado de GNL con destino á ilegal e perigosa planta de gas de REGANOSA. Ante este feito, como xa ven sendo habitual, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convocou unha nova protesta, para denunciar o despropósito gasístico que pon en perigo a seguridade e a vida da poboación, ao tempo que empobrece a Ría.
É importante a mobilización cada vez que entra un buque. Temos que manter a protesta visíbel, que se vexa o noso rexeitamento ao despropósito gasístico de REGANOSA, a través da mobilización na rúa, nos contactos co movimento veciñal e social, nos comunicados e roldas de prensa e na difusión en internet ou de mensaxes sms. Non devemos despreciar esta acción, pois é un xeito moi importante de manter viva a oposición a REGANOSA. Mais deberiamos facer esforzos, para que esta protesta aumentara en número de participantes. Un número máis significativo é dificil de ocultar, o movimento opositor ten capacidade para elo. Cada vez que nos mobilizamos cuestionamos a planta de gas, cuestionamos a irresponsabilidade de quen a colocou no mesmo corazón da Ría e de quen permiteu semellante despropósito e aos que non fan nada para que a situación cambie. Estamos petando nas conciencias de muitas persoas e moitas delas con responsabilidades políticas e institucionais, coa obriga de defender a nosa seguridade e vida. Cada vez que entra na Ría un buque cargado con GNL, aumenta a ameaza. Coa mobilización estamos denunciando este feito e na sua globalidade o proxecto gasístico instalado en Mugardos.
Na súa intervención, o compañeiro Lalán, coordenador do Comité Cidadán, lembrou coas súas palabras esta denuncia, chamou a seguir mobilizandonos cada vez que entre un buque. Sinalou que nos meses de verán a concentración realizaráse ás 8 da tarde, e convocou à participación na Marcha a Pé a Mugardos e Festival do 23 de Xullo, coincidindo co primeiro aniversario do inicio do peche da veciñanza de Meá, na casa do Concello de Mugardos, que durou 111 días.
____________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
martes, xuño 24, 2008
Continuan as mobilizacións contra REGANOSA
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan martes, xuño 24, 2008
Tags
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon