Escrito dirixido ao Alcalde de Ferrol
Sr. Alcalde:
No nome do "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol", decidimos pecharmos na casa de todos os ferroláns e ferrolás, co obxectivo de reclamar da Corporación que vostede preside, un pronunciamento claro contra a ubicación da Planta de Gas de Reganosa no interior da nosa Ría, así como o rexeitamento das novas ameazas que se están poñendo en marcha nas últimas datas: autorización de ampliación da capacidade regasificadora decidida polo último Consello de Ministros; pretensión de dinamitar a canle de entrada da Ría, decidida pola Autoridade Portuaria, como pantalla para ocultar a imposibilidade de cumprir coa normativa en situacións de emerxencia dos gaseiros cargados; transporte de gas en cisternas polas estradas galegas, con perigo para a poboación, etc.
Asimesmo, reclamamos da Corporación un claro rexeitamento da pretensión de incrementar aínda máis a contaminación e destrucción deste mar interior, coa planta de Ence, que Pontevedra leva anos rexeitando.
Co ocasión do Día Mundial do Medioambiente, emprazamos ao Governo Municipal desta cidade para que defenda a legalidade, un auténtico desenvolvemento sostible e se empeñe na defensa da VIDA e da RÍA, na que residen e traballan decenas de miles de cidadans e cidadás, que hoxe están en perigo.
Invitamos á Corporación Municipal a sumarse á manifestación convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia, para o próximo domingo día 8.
Ferrol, 3 de Xuño de 2008
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE FERROL
_____________
Enlace relacionado:
Unha delegación de voluntar@s do Comité Cidadán de Emerxencia, ocupaba unhas dependencias do Pazo Municipal de Ferrol, coa intención de declarar un peche indefinido para reclamar o cese de actividade de REGANOSA
________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
mércores, xuño 04, 2008
Escrito dirixido ao Alcalde de Ferrol
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan mércores, xuño 04, 2008
Tags
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon