sábado, xuño 07, 2008

Momento quente na loita cidadá na defenda da Ría contra as agresións de REGANOSA e as súas nova ameazas

Hoxe agardase a entrada dun novo gaseiro cargado con GNL, para a ilegal e perigosa REGANOSA, vai ter que facelo en pleamar diurna por unha estreita bocana da Ría de apenas 150 m de largo navegabeis e uns 4.000 m de longo até pasar os castelos de San Felipe e A Palma. Catro remolcadores, varias lanchas de amarre, dúas de practicos e unha patrullerea da Guardia Civil do Mar, participaran na costosa e perigosa maniobra.

O Comité Cidadán de Emerxencia ten convocada unha protesta ante a entrada deste buque, como asi ven facendo perante máis dun ano, cada vez que entra un buque gaseiro, para lembrar o grande despropósito gasístico que nos impuseron o negocieiro Sr.Tojeiro, o seu grupo empresarial GADISA, os seus socios transnacionais ENDESA e UNION FENOSA, ...Caixa Galicia, ... a anterior administración Fagra-Aznar e os continuistas "progresistas" do bipartito na Xunta de Galicia. Hoxe, Sábado 7, ás 7 da Tarde hai unha nova cita [sonora e vermella] diante do Edificio Administrativo da Xunta en Ferrol, para desplazarnos en manifestación até a Praza do Concello, onde hai un peche de voluntari@s do do movimento opositor á Planta de Gas, desde o pasado martes.

O Domingo, 7 de Xuño de 2008, agardamos unha importante Manifestación en Ferrol, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e apoiada por numerosos colectivos da Comarca e outros do resto de Galiza ligados à Rede Galiza Non Se Vende que xa amosou o seu apoio á mobilización cun comunicado público e facendo un chamamento á participación.

Neste momento, a pesar da campaña propagandística de REGANOSA apoiada mediatícamente, sobre todo polo Grupo Voz, con lindezas do estilo de "El gas alumbra a la mitad de Galicia", non poden ocultar dúas novas que veñen a reforzar ao movimento opositor a REGANOSA, como són:

Non faltemos ás citas, reforcemos o movimento opositor á Planta de Gás, con renovación dos apoios de persoas e entidades sociais, culturais, veciñais, sindicais, políticos; difundir e publicitar a loita cidadán; facer e buscar contributos económicos; participar nas mobilizacións e no reforzo organizativo do Movimento Opositor, ... tod@s somos necerari@s.


Plataforma Ártabra 21

Comunicado Público

A Xunta Coordinadora da Plataforma Ártabra 21, acordou apoiar incondicionalmente a actitude do Comité Cidadán de Emerxencia, recluído no Concello de Ferrol, en protesta pola instalación da Planta de Gas de Reganosa no interior da ría ferrolá.

Ademais da agresión medioambiental á ría, do perigo para todos os seres vivos, e da ilegalidade que representa a instalación desa planta, incumprindo as normas de distancia a lugares habitados e de liberdade de manobra para os buques gaseiros, agora temos que aturar a provocación e o insulto á cidadanía que supón, a ampliación da súa capacidade regasificadora e o conseguinte aumento de entrada de buques gaseiros cargados, o que supón un grande aumento do risco que xa agora existe.

Chamamos ós membros desta Plataforma, e á cidadanía en xeral, para asistir á manifestación convocada polo Comité Cidadán para o Domingo 8 ás 12 h. desde o peirao de Ferrol.

__________

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Manifestación desde o Porto de Ferrol
8 DE XUÑO, ÁS 12 DO MEDIODÍA

Blog solidario coa veciñanza de Meá

Descarga o PDF do Boletín nº14

http://na-defensa-da-ria-de-ferrol.blogspot.com/


________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon