sábado, xuño 07, 2008

Resumo e Video da Rolda de Prensa celebrada no Salón de Recepcións do Concello de Ferrol o pasado venres 6 de Xuño de 2008, polo Comité Cidadán ...

Tags

De: Comité Cidadán de Emerxencia
Para: artabra21@gmail.com
Data: 7 de junho de 2008 11:58
Asunto:2ª Roda de Prensa do CCE: 6.06.08
2ª Roda de Prensa do CCE: 6.06.08




RESUMO DA RODA DE PRENSA CONVOCADA POLO CCE O 6.06.2008

Hoxe venres 6 de xuño, ás 12 horas, no Salón de Recepcións do Pazo Municipal de Ferrol, onde están pechados desde o pasado martes varios membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, en demanda de que o Goberno Municipal asuma unha postura clara de rexeitamento a ubicación da Planta de Gas de Reganosa no interior da Ría, tivo lugar unha comparecencia do CCE ante os medios de comunicación, na que abordaron tres cuestións fundamentais:

1.- Denuncia ante a Fiscalía Anticorrupción de Madrid.

Este CCE presenta ante a Fiscalía Anticorrupción unha denuncia do que considera unha operación fraudulenta, protagonizada polo Ex -Presidente da Xunta de Galicia, Sr. Fraga, o Ex –Conselleiro de Economía, Sr. Orza e o Presidente de Reganosa, Sr. Tojeiro.

Trátase dunha estafa a todos os consumidores e á normativa de retribucións do sistema Gasístico Nacional, consistente en pagar, con fondos públicos, uns prezos exaxeradamente altos, para instalar unha Planta de Gas en terreos dun socio de Reganosa - o Sr. Tojeiro -quen se embolsa nesta operación 30 millóns de euros (case 5.000 millóns de Ptas.), que van constar como activos (inflados artificialmente) de Reganosa, a quen, con diñeiro público, o Sistema Gasístico reintegrará con altos intereses.

Esta operación fraudulenta é a que motiva a instalación da Planta nun lugar inadecuado, poñendo en perigo a toda a poboación circundante. Fronte a isto, hai que ter en conta que o Estado ofertaba, case gratuitamente, a ubicación no Porto Exterior.

A discusión non é se Galicia precisa ou non do Gas Natural, a discusión é se Galicia para ter gas debe someterse a estas graves irregularidades económicas e poñer en perigo a vida de milleiros de persoas e ao ecosistema dunha das súas mellores rías e os seus postos de traballo.

2.- Nova Sentenza do TSXG contra Reganosa.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o máis importante órgano xudicial de Galicia, acaba de dictar unha sentenza ( a terceira no mesmo senso) estimando a denuncia efectuada por varias Entidades Veciñais de Ferrol e Mugardos, na que sostén que a reforma do Plan Xeral de Ordenación Urbana realizada no Concello de Mugardos para modificar a cualificación do chan e dar cabida na súa actual ubicación á Planta de Reganosa, carece do obligatorio Estudo de Impacto Ambiental, que permitiría aos cidadáns coñecer a incidencia da modificación do planeamiento no medio ambiente e considerándose que a súa instalación nese lugar é ilegal e xa que logo, ilegal tamén a súa autorización de funcionamento.

Esta resolución do TSXG vén confirmar e avalar a posición mantida desde fai oito anos por este Comité Cidadán de Emerxencia en canto á ilegalidad da instalación de Reganosa no interior de nosa Ría.

Pon de manifesto así mesmo, as graves irregularidades en que incurrieron aqueles cargos públicos que desoyendo as advertencias e soslayando a normativa deron apoio coa súa firma a este cambio de usos.

3.- O CCE fai unha chamada á participación na Manifestación do próximo domingo 8 de Xuño, para que deste xeito a cidadanía exprese o seu rexeitamento á ubicación desta Planta de Gas no interior da Ría, e ás novas ameazas que agravan o perigo sobre o noso ecosistema, os nosos postos de traballo, os nosos fogares e as nosas vidas:

- Voadura dá canle de entrada a Ría.
- Incremento dá capacidade de regasificación e de tráfico de buques perigosos no interior de Ría.
- Transporte de gas en camións cisterna.

Para os que din que a Planta xa está construída, aseguramos que hai numerosos precedentes de casos similares nos que as Autoridades competentes tomaron as medidas oportunas para revocar a súa autorización ou trasladar a súa actividade.

Estamos a tempo de evitar unha traxedia,

EN DEFENSA DA VIDA, DA RÍA E DA LEGALIDADE DEMOCRÁTICA

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!

Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon