Os dereitos humanos, o deporte e a paz
Chamoume a atención que ningunha das miñas amigas, as axencias cablegráficas de información, dixesen unha palabra o sábado da alta valoración que a UNESCO expresou sobre a educación en Cuba que, a pesar das accións dos Estados Unidos, pasa os niveis alcanzados polos demais países da rexión, coma se iso non tivese nada que ver co respecto aos dereitos humanos.
Todas insistían en cualificar a Reflexión como diatriba contra Europa. Un cable da axencia chinesa XINJUA non o interpreta desa forma. Transcribe os argumentos con fidelidade.
Solicitei os servizos de INTERNET para analizar o sustantivo diatriba. Resposta: "Discusión ou escrito violento e inxurioso contra persoa ou cousa".
Pido definición de inxuria. Resposta: "Feito ou dito contra razón e xustiza".
Seica non foi calumnia a afirmación, millóns de veces repetida, de que en Cuba se tortura e viólanse os dereitos humanos? Nunca torturamos a ninguén, nin privado da vida a alguén por métodos extraxudiciais.
Se Europa toma medidas diplomáticas contra Cuba alegando defender eses dereitos, por que non se adoptan esas medidas contra Estados Unidos polo xenocidio de Bush en Iraq e as miles de persoas arrestadas sen xuízo e torturadas durante anos alí e en calquera parte do mundo?
É curioso que un órgano da prensa española, que sen dúbida é diametral e abertamente oposto ao socialismo, menciona o recoñecemento da UNESCO aos resultados do sistema educacional de Cuba, e inclúe textualmente a miña afirmación: "Ningún país onde os dereitos humanos sexan sistematicamente violados alcanzaría tan elevados niveis de coñecementos".
Mentres escribo esta Reflexión, ás tres da tarde, vexo pola televisión o partido de fútbol entre España e Italia. Están cero a cero logo dunha hora de xogo. O Rei de España contempla satisfeito o desafío. Non concluíu aínda. Son, sen dúbidas, temibles equipos. Hai que recoñecelo.
Pido sintonizar o televisor para ver o partido de pelota entre o equipo olímpico de Cuba e unha forte selección das universidades de Estados Unidos. Onte pola noite, observei o choque entre os equipos olímpicos de boxeo de Cuba e de Francia. Os atletas que representan a esta son excelentes, como os boxeadores cubanos. O noso público, ben instruído en cuestións deportivas, é imparcial, respectuoso e obxectivo. Houbo paz, himnos e bandeiras izadas, a pesar do afán dos europeos e os ianquis por subornar e comprar atletas cubanos.
Agradezo a todos os mencionados por haberme fornecido a materia prima para esta Reflexión.
Talvez nos próximos días dedique este tempo a outras actividades.
Fidel Castro
Xuño 22 de 2008
Reflexións do compañeiro Fidel
Especial para Cubadebate
Prensa Latina - PL
___________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
martes, xuño 24, 2008
Os dereitos humanos, o deporte e a paz
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan martes, xuño 24, 2008
Tags
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon