sábado, agosto 02, 2008

Apaga Tele 5 pola nosa lingua

De: Elena López -elenuli@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 1 de agosto de 2008 23:15
Asunto: Apaga Tele 5 pola nosa lingua


Apaga Tele 5 pola nosa lingua

A canle de televisión Telecinco adheriuse hoxe (29 de xullo) ao 'Manifesto pola lingua común', que o pasado 23 de Xuño presentou un grupo de intelectuais en Madrid.

A canle comparte as exixencias deste grupo de intelectuais, entre os que se encontran Mario Vargas Llosa, Fernando Savater ou Álvaro Pombo, que piden ao parlamento español que elabore unha normativa para fixar que o castelán sexa a lingua oficial de todo o territorio e a única 'que poida ser utilizada polos seus cidadáns'.

Telecinco é a primeira televisión que se adheriu a este manifesto. Ademais, Telecinco dixo no informativo do mediodía, que pon a disposición do colectivo que leva esta iniciativa, a súa canle de televisión para dar apoio a este proxecto.

Se eles se adhiren ao manifesto, nós desconectamos Telecinco.

Xuntos podemos!

Pásao Pásao Pásao Pásao Pásao Pásao Pásao Pásao

Apaga Tele5
_________

Enlace relacionado:

Falando do "Manifesto"
_______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon