venres, agosto 01, 2008

A comarca de Ferrolterra é a comarca galega con máis superficie de chan industrial - Puntualizacións medioambientais sobre Leixa e Mandía

De:ADEGA - Antonio Gª
-angaji@yahoo.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 1 de agosto de 2008 17:12
Asunto: Polígonos industriais en Leixa e Mandía (Ferrol): Puntualizacións medioambientais


Polígonos industriais en Leixa e Mandía (Ferrol): Puntualizacións medioambientais

Remitímos as seguinte nota de prensa por se ten vostedes a ben publicala no seu medio informativo

Nota. Enviamos cartas co mesmo contido á Conselleria de Vivenda e Solo e a Alcaldía de Ferrol, parte delas escaneadas en arquivos adxuntos.

Atentamente

Antonio Garcia J
Vogal de Adega-Trasancos
angaji@yahoo.com
Ferrol

Ferrol 1.8.2008


ASUNTO: Polígonos industriais en Ferrol na zona de San Pedro de Leixa e Mandiá. Puntualizaciones medioambientais.

En referencia ás noticias aparecidas recientemente nos medios informativos por diferentes personalidades da vida social e política sobre a urxencia de realización de polígonos industriais na zona de S. Pedro de Leixa e Mandiá no concello de Ferrol, queriamos realizar as seguintes puntualizacións:

  • -as paraxes naturais de S. Pedro de Leixa e Mandiá son das mellores zonas conservadas da zona interior do concello de Ferrol,(algunha delas incluida no catálogo de benes protexidos do PXOM) que evidentemente veríanse afectadas irreversiblemente se se constrúen devanditos polígonos industriais

  • -na zona de S. Pedro de Leixa está a importanta fraga de “A Pega”, varias fragas de ribeira , rio Freixeiro e afluentes así como especias animais e vexetais protexidas que veríanse afectados irremediablemente por esta actuación

  • -a zona de Mandía está o mellor humidal de interior do concello de Ferrol que probablemente desaparecería con esta actuación; ademais está a cabecera de cunca do río da Sardina, varios regos(Ferreiro, Pazo e Taboada) e especies animáis e vexetais protexidas

  • -O polígono industrial de Leixa, en caso de levarse a cabo, estaría totalmente adxacente ao Hospital Novoa Santos e ao Hospital Básico de Defensa, e moi preto da zona están o Hospital Arquitecto Marcide e o Centro de Minusválidos có evidente perigo que supón ter un polígono industrial, con posible tránsito o almacenamento de mercadurías perigosas cerca de estos hospitais

  • -que, ata o momento, non temos constancia de que se respondesen as alegaciones que presentamos diversos colectivos en outubro 2006 ao “Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais non ámbito dá Comunidade Autónoma de Galicia do parque empresarial de San Pedro de Leixa (Ferrol)” (D.O.G. Nº 185 de 25.9.200) e en febreiro 2007 ao “Estudo de Impacto Ambiental do Proxecto do parque empresarial de S Pedro de Leixa” (DOG 9.1.2007)

  • -nesta etapa en que estamos onde hai unha importante crise de produción de alimentos e agrocombustibles, o realizar un parque empresarial nesta zona, afectaría irreversiblemente a unhas das zonas máis fértiles da comarca

  • -do mesmo xeito, nesta fase é que é vital loitar contra a deforestación e o cambio climático, o realizar polígonos industriais nestas zonas iría en contraposición co anteriormente comentado

  • -a comarca de Ferrolterra é a comarca galega con máis superficie de chan industrial (pódense revisar as hemerotecas e datos oficiais), cos polígonos industriais de Narón (nas súas diversas fases), Fene, superficie industrial en Ferrol (asteleiros, portos interior e exterior, superficie industrial de A Gándara e do propio S. Pedro,..) e moita desta superficie industrial baleira na actualidade

  • -no porto exterior de Ferrol creouse recientemente máis de 1 millon de metros cadrados de chan industrial (“desafectando” unha zona protexida como era esa , para realizar devandito porto exterior), que se suma ao xa existente nas zonas de asteleiros, e a superficie dedicada xa a empresas na Gándara, S. Pedro de Lexia,etc. A isto hai que sumar a superficie baleira nos polígonos industriais de concellos próximos como Pontedeueme, As Pontes, Ortigueira, etc

  • -que a data do presente escrito, non temos coñecemento que saia a exposición pública ningún proxecto de polígono industrial na zona de Mandiá e , evidentemente, tampouco o obligatorio estudo de impacto ambiental.
Por todo iso, os colectivos abaixo referenciados, solicitamos que se paralice calquera proxecto de realizar un polígono industrial nas zonas de S. Pedro de Leixa e Mandiá no concello de Ferrol e que ademais realícense as accións pertinentes para protexer estes espazos naturais.

Atentemente:

Asinado:
Antonio García Jiménez (*). Vogal de ADEGA-Trasancos
angaji@yahoo.com Tlf 981324707//625878352
en representación da: “Plataforma pola Defensa Natural e Patrimonial dos Montes de Brión e de Leixa”

(*) como portavoz dos seguinte colectivos que apoia este escrito

ADEGA (1) (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza). Delegación de Trasancos . Apdo Correos 481. Ferrol. e-mail: angaji@yahoo.com

SOCIEDADE GALEGA HISTORIA NATURAL . Juan Ignacio da Silva. Presidente da SGHN. Tlf 981352820 sghnferrol@teleline.es

NÓS-UP (1)). Carlos García. Tlf 646434646 carlosgseoane@hotmail.com

ESQUERDA UNIDA-IU .(1) Ignacio Allegue. ignacioallegue@yahoo.es Tlf 679212500

CLUB DE MONTAÑA DE FERROL(1) Xan Ramírez. Pdte do Club de Montaña . Tlf 619953363. cmf@clubmontanaferrol.com
___________________

Enlaces relacionados:
__________

Noticias relacionadas:

La Sepes estudiará construir y gestionar con sus fondos el ...
La Sepes estudiará construir y gestionar con sus fondos el polígono de Mandiá. La entidad planea incluso levantar naves industriales para que sean ...

El PP reclama al Gobierno gallego que agilice los polígonos ...El PP ha reclamado al Gobierno gallego que «agilice» la tramitación para poder iniciar las obras en los polígonos industriales de Leixa y de Mandiá, ...

Ayuntamiento de Ferrol
2 Jul 2008 ... Portuaria proponen al Sepes hacerse cargo del polígono de Mandiá ... y arquitectura industrial que hagan posible un polígono realmente ...


IGAPE - Touriño presenta el Plan de Desarrollo Integral de ...
20 Mar 2007 ... “Estamos en condiciones de cambiar la historia e... de Mandiá y casi completada la 4ª fase del polígono de Río do Pozo, ... iniciar una

___________

Documentación:

Plan de Desarrollo Integral de las Comarcas de Ferrol, Eume y Ortegal 2007-2011
_____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon