Este venres, 29 de Agosto, tivo lugar unha nova concentración de protesta, pois ese mesmo día o buque metanero "LNG Abuja" entrou na Ría con miles de metros cubicos de GNL para a Planta de Gas de REGANOSA.
Este buque fai o nº 28 en 18 meses de funcionamento da Planta. Son 28 buques cargados con GNL que cada vez que, un deles, entra na Ría, poñen en perigo a seguranza de miles de persoas, é por iso polo que cada vez que entra un buque con GNL nos seus tanques, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha mobilización en sinal de protesta e para denunciar o conxunto do despropósito gasístico instalado no corazón da nosa Ría, en Punta Promontorio no concello de Mugardos.
Este venres, a concentración voltou ser moi sonora e cargada de forza e razóns, como non podía ser doutra maneira, dada a calidade humana e a consciencia cidadá do grupo de voluntarias e voluntarios do citado Comité que manteñen un alto grado de compromiso, orgullo e dignidade.
Mentras tiña lugar a sonora concentración, o buque estaba descargando o gas nos macrotanques de Mugardos, máis no caso de producirse unha emerxencia este buque non podería saír da Ría, dado que só o pode facer, auxiliado por remolcadores; con marea parada en pleamar diurna; con visibilidade superior a 800m e os ventos inferiores a 54Km/h, como así lembraba o compañeiro "Lalán" na súa intervención.
Todas as normativas sobre estes buques metaneros e as instalacións portuarias [por exemplo a UNE - NE 1532 de obrigado cumprimento] din que en caso de emerxencia, os buques, terían que saír polos seus propios medios a mar aberto, neste caso sería imposíbel de cumprir.
___________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Planta de gas
Reganosa
Este venres, 29 de Agosto, tivo lugar unha nova concentración de protesta, pois ese mesmo día o buque metanero "LNG Abuja" entrou na Ría
domingo, agosto 31, 2008
Este venres, 29 de Agosto, tivo lugar unha nova concentración de protesta, pois ese mesmo día o buque metanero "LNG Abuja" entrou na Ría
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan domingo, agosto 31, 2008
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon